Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2008. Resumen
Feliz día de San Valentín?![]() Onte vin un anuncio que nunha páxina que decía "No te olvides de sorprender a tu pareja en San Valentín!". Pareceume tan estúpido... ¿Como se pode sorprender a túa parexa en San Valentín se xa se sabe que é un día no que vai haber regalos e "demostracións de amor mutuo"? Tamen vin outro anuncio na televisión que dicía "Love Songs, el cd de las mejores canciones de amor R&B, demuéstrale a tu pareja que te importa". Por favor, esixo que se reconsideren os titulos dos publicistas. A min regalanme ese cd e pensarei de todo menos que lle importo! jajajajaja. E que me dicides do que se soe escoitar "Feliz día de San Valentín!". ¿Que clase de felicitación é esa? Felicitar o cumpleanos vale, felicitar o santo pois ainda pode ter un pase, pero felicitar o día de San Valentín??? Qué tipo de relación ten unha parexa que se di iso? (non quero ofender a ninguén que lea eh! so , facer reflexionar, jejeje). Que se felicitan un día o ano un día no que todo está vermello e empapelado en corazóns. Un día o ano no que se quere demostrar canto se quere a unha persoa. E cantas persoas despois de levar todo o día esperando a que a súa parexa lle dea un regalo din "Ala! gracias! non tiñas por que comprarme nada, non mo esperaba!". Non quero seguir e liarme con que todo é un invento consumista do Corte Inglés, xa hai moitas páxinas que digan eso. So quería relatar a miña reflexión e monólogo interno que tiven mentres facía que daba unha clase. Síntome tan afortunada de non ter ninguén con quen celebrar o San Valentín. Síntome tan afortunada de ter con quen poder dicir "hai que celebralo" tódolos días. Neutralidade ante todo...EL PAÍS: "Zapatero gana por la mínima" EL MUNDO: "Un Rajoy siempre al ataque obliga a Zapatero a escudarse en el pasado" LA RAZÓN: "Rajoy acorrala a Zapatero" ABC: "Rajoy arrincona a Zapatero en inmigración, educación, precios y ETA en un duro debate" PÚBLICO: "La crispación pierde a Rajoy"
Despois de mil anos sen actualizar, algo para reflexionar sobre o tan soado "debate" (quedaríalle mellor "discurso doble e cronometrado") que tivo lugar onte. Non me gusta a política, pero que o vin con humor, porque é inevitable non rirse con esas dúas personaxes, a súa demagoxia e as súas palabras meticulosamente estudiadas e pateticamente ditas como se non fose así. Que se pode dicir dun debate que tiña que cumplir 50 condicións para levarse a cabo... Xa estou vendo ós de cada partido coa súa grabación de onte diseccionando cada sílaba pronunciada polo contrario para preparar o próximo. Si... como di un cartel que anda por aí "Teatro, o teu é puro teatro".
PD: "Buenas noches y buena suerte"??? Que forma de acabar é esa? Pensa que así vai gañar mais votos?
|
Archivos
Enlaces
|
|