Blogia
Terra de ninguén

Abride os ollos!!

O outro día fun dar unha volta pola zona vella de Santiago e dinme conta de que parecía unha auténtica estranxeira: quedábame parada en cada edificio coa boca aberta, durante minutos, abraiada polo que tiña diante dos meus ollos... A verdade é que non debería facer falta marchar da casa para valorar o que temos, pero é o que soe pasar. A rutina fai que infravaloremos o que vivimos, o que vemos e o que sentimos cada día. Non entendo como hai xente que pode pasar por diante da catedral todos os días sen siquera levantar os ollos do chan... Pero o mesmo me pasa a min cando vou no tren cara Vigo. Recordo que a primeira vez non separaba a vista da ventana, mirando o mar e a beleza da ría, pero despois de dous anos collendo o tren dúas veces por semana, xa miro con indiferencia. Isto non quere dicir que deixen de ser impresionantes todas estas cousas, simplemente que despois dunha rutina adoptámolas como habituais e non recoñecemos o seu verdadeiro valor.

5 comentarios

Banumiel -

Curioso lo de los blogs, vas dando saltitos de uno en otro mediante links y nunca sabes donde acabas. Yo... pasaba por aqui y bueno... comentar que soy de Vigo y el otro dia fui a los conciertos del xacobeo y si, Santiago está petado de guiris. Y como vayas a un comercio orientado a ellos te clavana a dios. :PPP Intentaré ir un año que no sea "santo" para ver como es aquello normalmente. Jejeje , hay q reconocer que se tienen bien montado lo de la secta esa ;)

Banumiel -

Mosa -

Iso vai tamén por ti, Tania, non te agobies tanto e intenta disfrutar da beleza desa terra.
Aproveito para recomendarvos que cando teñades oportunidade visitedes a praia de Carnota e toda esa zona porque merece a pena, é o paraíso galego. :)

Raquel -

Prelistada en el directorio de Bitacoras.com

Puedes añadir una descripción haciendo click en "Añadir bitácora".

Gracias

La guapísima -

Si, a verdade é que tes razón, pero sintoo este tema non me inspira neste momento, jejejje. Veña facede caso a monilla. Bicos