Blogia
Terra de ninguén

Qué fuerte! qué fuerte! qué fuerte!

Oh no! Jezulín le ha puesto los cuernos a la Campa con la Pantoja y han tenido un hijo llamado Luis Alfredo (de mi vida) y les ha salido travesti!!!
Non sei para que ano Nostradamus augurou que a sociedade ía caer nunha decadencia terrible, pero estou segura de que xa chegamos a ela... Estamos pasando unha etapa (interminable, por certo), na que importa máis quen se liou con quen, quen enseña as tetas na praia, quen pon a parir a quen... que cousas tan fundamentais como ver un telediario (xa adicarei un artigo aos telediarios, que tamén lles chega...) e interesarse polo que ocorre ao noso arredor, que non é pouco.
Estou farta de escoitar: "Vaia merda de televisión, non poñen máis ca merda todo o día: programas do corazón estúpidos, shows estúpidos, concursos estúpidos..." Si, pero resulta que estes programas teñen un índice de audiencia que non é para nada baixo e se seguen adiante é porque hai un gran número de estúpidos ("cariñosamente") que os ven, é máis, que teñen o mono de velos... Hai xente que acaba de ver o telediario, despois de comerse tropecentasmil noticias de mortes e desgracias que en lugar de reflexionar sobre a onde nos leva esta puta merda de mundo no que non hai máis que desgraciados que joden a vida á xente boa, non, collen a arma letal contra o aburrimento (coñecida co nome de "mando a distancia") e cambian para onde se poidan enterar da vida doutras persoas que só sacan cartos por vender as súas penas. Isto si que me repugna. Pero non sei quen repugna máis, os que venden a súa vida ou os que se interesan por a dos outros. Preocúpate pola túa joder, que fijo que xa tes bastante.
Podedes notar un pouco de ira en min, pero que ninguen se ofenda se se inclúe no grupo dos estúpidos, o voso ten solución. :P
Por certo, vaia fillo de... o mamón do centro comercial de Paraguay... Sin comentarios. Coma ese retorcido mental hai millóns.

0 comentarios