Blogia

Terra de ninguén

"Que difícil es contar los pasos que se dieron por la libertad"

"Que difícil es contar los pasos que se dieron por la libertad"

Din que as espiñas das flores son para protexerse, mais as daquelas Trece Rosas non impediron que as cortaran impunemente e sen rasguños. A súa historia é unha máis a sumar ás de miles de narcisos, craveis, hortensias, margaritas, lirios, tulipáns, xazmíns... Flores de talo forte e firme polo que percorría salvia con sabor a liberdade. Flores con follas que brotaban buscando raios de xustiza. Flores con pétalos cheos de amor, historias, ideais, esperanza. "Quéreme, non me quere, quéreme non me quere...". Non as quixeron. E todas acabaron mortas ou arrasadas polas malas herbas. Cortadas para colgar como galóns en camisas de olor putrefacto. 

Flores olvidadas en cemiterios en que a campana nunca tocou a difunto...

Eu o que quero é unha eira :)

Eu o que quero é unha eira :)

Hoxe traballando, metida no meu submundo alleo á pastelería, escoitei ó lonxe na radio como Melendi cantaba "aprendí que se podía llorar también de alegría"...

Nunca me pasara tal cousa (salvando momentos de cosquillas e tonterías varias), nunca me envadira a emoción de tal maneira que fixese caer lágrimas e sorrir o mesmo tempo. Nunca.

E agora sei o que é.

Gracias.

 

De feira en feira

De feira en feira

Chaman o telefonillo da casa e vexo a súa cara en branco e negro.

-Si?

-Son Nicanor, abrídeme a porta.

Non recordo máis.

Soños que poñen os pelos de punta. Que significarán esas casualidades?

Hoxe vai por ti. Por eses recordos de nena. Porque eras unha persoa boísima.

Volve chamar cando queiras, a porta está aberta.

Alá vou!

11.40 da mañá de hoxe, sentada na lavandería, mirando como o tambor da secadora xira e xira chea das miñas cores, vexo pasar de reollo pola rúa un par de tipos vestidos de Pablo Mármore e Pedro Picapedra. Cal é a miña sorpresa? Que xa non me sorprenden estas cousas. Xa me parecen totalmente normais neste país.

Teño ganas de saber qué me atoparei hoxe no aeroporto. A última vez foi unha cola de persoas no detector de metais disfrazados e un policía rexistrando a un Scooby Doo mentres os demais lles adicaban asubíos que poderían facerte ver unha imaxe zoofílica...

Hoxe desintoxicación de surrealismo, se cadra...!

Paseniño

Paseniño

"O tren que me leva pola beira do Miño,

me leva, me leva polo meu camiño

e vai andando pasiño a pasiño

e vaime levando cara o meu destiño.

Alguén pode ser que me espere na estación

da terra da felicidad"...

Din que pasiño a pasiño faise o camiño, unha lóxica bastante ilóxica as veces.

Cando es pequeniña cóstache dar os primeiros pasos, precisas da man dalquén para non caeres. Unha vez colles confianza, xa vas a toda ostia, ata que nun pequeno tropezo entres os pes ou perda do equilibrio caes de cu o chan e choras a grito pelado, aínda que os pañais amortiguaran a túa caída. Co paso do tempo e a práctica acabas dando uns pasos firmes e decididos.

Despois ti mesma colles a túa propia forma de camiñar, erguida e segura ou con pasos curtiños ou con pasos grandes ou con pasos torpes ou despaciño e coa cabeza agochada...

A nosa vida está chea de todo tipo de pasos, os grandes, os pequechos, os torpes, nos que agochas a cabeza, nos que a ergues segura de ti mesma... Moitos dámolos con saudade daquela man que nos axudaba ou daqueles pañais que amortiguaban a dor ó caer. Unha ten que ser consciente de que non so hai un camiño, senón que todo é unha encrucillada, un mexunxe de idas e voltas, de atallos, cruces, autopistas, carreteiras comarcais, moitas curvas, rutas de alpinismo... Que cada paso que des levarache por un camiño diferente e se te perdes, pode que non haxa mapa que te axude a volver, pero moitas veces sí podes dar marcha atrás.

Paseniño, pasiño a pasiño...

Foto: Bude (Cornualles)

Shhhhhhhh......

O sol cólase entre a túa roupa como un amante que ansía compartir a súa calor co teu corpo. Unha tenue brisa, cómplice, intenta que non te des conta calmando o efecto, mais multiplicando o placer.

Cerra os ollos e respira... Respira profundo... Sínteos acariciándote. Todos á vez. Como nunha orxía na que ti es o centro.

E vai... E ven... E vai... E ven... Notas como se enterran na area blanda, pero non loitas contra elo, disfrútalo. Cada vez máis abaixo a auga roza máis e máis recunchos da túa pel.

Sintes como unha mirada se clava docemente no teu corpo, como un voyeur permitido. Entón, despacio, xíraste e devólvela, e cun enorme sorriso pensas: "Que feliz son...".

Ranma

Ranma

O outro día por enésima vez volveume a suceder un caso. Viñamos de camiño escoitando un cd de debuxos e series de cando eramos pequenos, 75 cancións que facían ferver emocións e recordos diferentes en cada unha daquelas persoas que alí estabamos. Eu recordaba con nostalxia aquela entrada dos Fraggle Rock que me poñía a bailar e cantar. O "vamos a contar" do Barrio Sésamo "un, dos, tres, cuatro, cinco, seis, siete, ocho, nueve, diez, once, dooooooooce" que non aparecía no cd, pero recordeina con esa bola que ía dun lado para outro petando nas paredes e saían os números (por certo, morreu Chema, o panadeiro, unha gran pérdida). Capitán Planeta (é un herooooooe!!!), Los trotamúsicos, Chicho terremoto, Punky Bruster, Aquellos maravillosos años, Dartacan, Songoku, Oliver y Benji, Los diminutos... O tema de cantar cancións de cando eramos pequenos é moi recurrente en momentos nocturnos de apoxeo máximo e é aí cando sempre me pasa o mesmo e estou farta!

Estou indignada porque escasas persoas se acordan de Ranma. Na miña enquisa particular feita en miles de noites podo dicir que só un 5% dos enquisados acórdanse destes debuxos.

Para aqueles que non a coñezan, consiste nun chaval que caeu nun pozo maldito con seu pai e cada vez que se molla en auga fría convírtese en muller (e seu pai en oso panda) e o mollarse de novo en auga quente recupera o seu estado natural. Foi toda unha revolución, censurada en moitíiiisimos países e prohibida en outros tantos. Por que? Pois polo feito de ser unha persoa que cambia de sexo, por haber outras persoaxes que usaban roupa doutro sexo e pola cantidade enorme de desnudos que había, incluíndo baños mutuos de rapazas.

Eu qué queredes que vos diga... Cando era pequena a miña mente era casta e pura e aqueles desnudos víaos como algo natural (a xente sóese desnudar para bañarse) e o feito de que se cambiase de sexo parecíame divertido. Non sei os rapaces, que sempre foron máis adiantados neses temas... jejejejeje. O que sí está claro é que o concepto de vello verde sí que o aprendín con Mestre Mutenroi, que non paraba de tocarlle o cu e as tetas ás mulleres de Dragonball e ver revistas porno (personaxe que Chicho Terremoto tomaba como inspiración, creo eu).

Seguirei coa miña enquisa... Alguen vía Ranma?

Mañá martes...

Mañá martes...

Quién me ha robado el mes de ABRIL
Cómo pudo sucederme a mí
Quién me ha robado el mes de ABRIL
Lo guardaba en el cajón
Donde guardo el corazón. (¿Quién me ha robado el mes de abril?, Joaquín Sabina)

Maldito ABRIL, maldito ABRIL, maldito ABRIL.
Solo viene a recordarte que ya no eres feliz.(Abril, La Fuga)

Dios santo qué bello ABRIL
Dios santo qué bello ABRIL
Dios santo qué bello ABRILsos vos
nos pasan tantas cosas en la vida
que si aparece el sol hay que dejarlo pasar
ABRIL otra vez
para que no tengamos soledad. (Bello abril, Fito Paez)

En ABRIL
tú y yo y nadie más aquí.
En ABRIL
tú y yo y nadie más al fin.
Nos vemos en ABRIL. (Nos vemos en abril, Los Secretos)

Pero ya no estás aquí.
Desapareciste con el viento
en una noche de abril. (Brisa de abril, Loquillo y los Trogloditas)

Mucho más
allá de mi ventana
algodones jugaban
a ser un jardín
en espera de ABRIL. (Como esperando abril, Silvio Rodríguez)

Especialmente en ABRIL
se echa a la calle la vida.
Cicatrizan las heridas
y al corazón, como al sol,
se le alegra la mirada
y se abre paso entre las nubes.
Al paisaje se le suben
los colores a la cara.
Y apetece ir donde cubre
a nadar contra corriente. (Especialmente en abril, Joan Manuel Serrat)

Chámame X

Chámame X

Onte nun encontro coa reencarnación do ilustrísimo Cervantes confesoume que debecía por ser mellor a reencarnación de Anónimo, ese gran autor que ten tantas obras, que se lle da ben calquer tipo de mestría, sexa pintura, escultura, literatura, etc. Pero, de aí saiu unha pregunta trascendental: ¿Anónimo ten dereitos de autor? Por favor, que alguen mo aclare :D Debe de ser o pesadelo da SGAE, obras das que non poden cobrar un peso e que todo o mundo pode utilizar libremente. E que me dicides de Anónimo? Esa persoa que ven creando dende tempos inmemoriais... Pois que hoxe en día non creo que exista, morreu. Ninguén se plantea eso de permanecer no anonimato por miles de razóns. Unha, que se es Anónimo, non podes chegar a ser coñecido, non podes chegar a ter unha probabilidade, ainda que sexa pequena, de que o mundo sepa o teu nome (mais ¿qué nome máis famoso hai que Anónimo?). E outra, non podes chegar a formar parte deste negocio no que se convertiu a cultura. No que para coñecer sempre hai que pagar, pronto xa nas bibliotecas, único lugar legal onde o coñecemento permanecía virxe. Actualmente si que hai persoas que permanecen no anonimato, que non queren ser coñecidas, mais agora xa se empregan seudónimos, nomes falsos que chegan a correr de boca en boca e que so son un cebo para poder ter máis sona. So me queda dicir:

ANONIMO, D.E.P.

Neutralidade ante todo...

EL PAÍS: "Zapatero gana por la mínima"

EL MUNDO: "Un Rajoy siempre al ataque obliga a Zapatero a escudarse en el pasado"

LA RAZÓN: "Rajoy acorrala a Zapatero"

ABC: "Rajoy arrincona a Zapatero en inmigración, educación, precios y ETA en un duro debate"

PÚBLICO: "La crispación pierde a Rajoy"

 

Despois de mil anos sen actualizar, algo para reflexionar sobre o tan soado "debate" (quedaríalle mellor "discurso doble e cronometrado") que tivo lugar onte. Non me gusta a política, pero que o vin con humor, porque é inevitable non rirse con esas dúas personaxes, a súa demagoxia e as súas palabras meticulosamente estudiadas e pateticamente ditas como se non fose así. Que se pode dicir dun debate que tiña que cumplir 50 condicións para levarse a cabo... Xa estou vendo ós de cada partido coa súa grabación de onte diseccionando cada sílaba pronunciada polo contrario para preparar o próximo. Si... como di un cartel que anda por aí "Teatro, o teu é puro teatro".

 

PD: "Buenas noches y buena suerte"??? Que forma de acabar é esa? Pensa que así vai gañar mais votos?

 

Feliz día de San Valentín?

Feliz día de San Valentín?

Onte vin un anuncio que nunha páxina que decía "No te olvides de sorprender a tu pareja en San Valentín!". Pareceume tan estúpido... ¿Como se pode sorprender a túa parexa en San Valentín se xa se sabe que é un día no que vai haber regalos e "demostracións de amor mutuo"?

Tamen vin outro anuncio na televisión que dicía "Love Songs, el cd de las mejores canciones de amor R&B, demuéstrale a tu pareja que te importa". Por favor, esixo que se reconsideren os titulos dos publicistas. A min regalanme ese cd e pensarei de todo menos que lle importo! jajajajaja.

E que me dicides do que se soe escoitar "Feliz día de San Valentín!". ¿Que clase de felicitación é esa? Felicitar o cumpleanos vale, felicitar o santo pois ainda pode ter un pase, pero felicitar o día de San Valentín??? Qué tipo de relación ten unha parexa que se di iso? (non quero ofender a ninguén que lea eh! so , facer reflexionar, jejeje). Que se felicitan un día o ano un día no que todo está vermello e empapelado en corazóns. Un día o ano no que se quere demostrar canto se quere a unha persoa. E cantas persoas despois de levar todo o día esperando a que a súa parexa lle dea un regalo din "Ala! gracias! non tiñas por que comprarme nada, non mo esperaba!".

Non quero seguir e liarme con que todo é un invento consumista do Corte Inglés, xa hai moitas páxinas que digan eso. So quería relatar a miña reflexión e monólogo interno que tiven mentres facía que daba unha clase.

Síntome tan afortunada de non ter ninguén con quen celebrar o San Valentín.

Síntome tan afortunada de ter con quen poder dicir "hai que celebralo" tódolos días.

Ás veces non sabes ata que punto che gusta facer algo ata que non o podes facer.

Ás veces non sabes canto necesitas a unha persoa ata que non a tes contigo (recordando Finisterre, aislada de toda forma de contacto continuo...).

Moitas veces pode confundirse con querer ter algo que non se pode ter. Hai moita xente que ten ese patrón de comportamento, mais creo que non é o meu caso.

Boto de menos ver o sol esconderse entre as illas Cíes, dándose un baño antes de ir descansar. O último atardecer que vin foi en novembro, desde a ponte colgante, pero nada que ver co que me levei da terra, no Pico Sacro, ese teatro do crepúsculo no que o protagonista nunca falla aos seus espectadores, onde podes chegar a illarte tanto que te cres o único ser no mundo e onde a vida che entra pola médula ata saír a borbotóns pola boca en forma de sorriso.

 

Eu? Non pido nada...

Eu? Non pido nada...

Unha casiña, dunha planta, no monte, cun río cerca.

Un silencio so interrumpido polo piar dos paxaros e o ir e vir da auga escorregando entre as pedras.

Unha lareira á que achegar os pes nos días de inverno. Frotar as mans contra a calor que desprende o lume. Deixarte hipnotizar polas lapas que van darriba abaixo bailando acompasadas.

Unha cociña de ferro, para quentar a casa e cociñar cousas novas con sabor a pasado.

Unha horta pequecha para ter os meus grelos, repolo, leitughas, pementos, patacas, cenorias e repolo.

Un naranxeiro para poder facerme zumos cando queira.

Unha terraza que mire ao oeste para ver as postas de sol todalas tardes.

Podería seguir ata agotar os caracteres.

Soñar esperta, espertar soñando... Todo está ben.

Por un mellor ano

Agora que acaba o ano, chega o momento de mirar atrás e ver o zapping persoal do 2007, que fixemos ben, que fixemos mal, que non cambiamos e que melloramos. Todos erramos, pero parece que hai poucos que se den de conta. E os que se dan, parece que deixando pasar o tempo se lles perdoa, pero está claro que calando non se arregla nada. Por un mellor 2008. Nós seguiremos aquí, máis lexos ou máis cerca, para cando nos necesites.


"Y sabes que lo digo de verdad
que no voy a fallarte en nada
Que tengo mucha fuerza de voluntad
que no te fallaré en nada

Promesas que se perderán en estas cuatro paredes
como lágrimas en la lluvia se irán

Y rompo las promesas que me hice a mí
prometo pensar en ti
ahora prometo sólo pensar en ti

¿Dónde estabas entonces
cuando tanto te necesité?
Te necesité."

2007

2007

Xa me dicía Aida "os 22 son a mellor idade". Si. Non sei se a mellor, mais sen dubida que por min non pasaron desapercibidos. Este ano conseguín tantas cousas... Acabar a carreira na primeira tirada de dados, un verán inesquecible, xogar a ruleta da fortuna e gañar un traballo xenial a un prezo máis alto do que apostara, palabras inexistentes, sentimentos ocultos que sairon á luz, coñecerme máis a min mesma... Ti. Nós. Elas. Cada segundo dos 365 días teño un bo recordo. Si: SON FELIZ.

Agora so espero que os meus presentimentos non sexan certos e que ese ano que comeza nunhas semanas, ese 2008, ese ano que contén o meu número favorito, sexa mellor aínda. Mentres estedes comigo, xuntos imos a máis.

PD.: Non son do PP, pero o eslogan viña o pelo. 

So algo para reflexionar

So algo para reflexionar

¿Que necesidade hai de facer sufrir as nenas recén nacidas poñéndolles pendientes? Se os queren, que os pidan.

Non sabía por onde empezar... Así que decidín non facelo.

Eu nunca me retiro. Podería encher a pantalla e quedarme corta.

Perderme en laberintos de palabras. Contar sen dicir... pero esta todo dito. 

Archivado baixo a etiqueta de "historia inesquecible".

SER O NO SER...

SER O NO SER...

O domingo pola noite, despois de cear, subiu Caroline a miña habitación e dixome "quería avisarte de se queda a durmir un amigo, para que non te extrañes de que alguén use o baño do teu piso". Todo ben ata ai. Onte ó mediodía volvín de traballar e estaba na cociña Jimmy (o marido) co amigo este, o cal me presentou como Ken. "Nice to meet you" (dixen coma sempre) e démonos a man. Despois díxome Jimmy "your jamón was delicious!", referíndose ó bo que estaba o xamón que me trouxeran meus pais do cal lles din un cacho.  E o tal Ken este corroborouno, decindo que fora quen o estrenara e que casi o devora. Esa cara facíaseme familiar, pero todo ben ata ai.

Hoxe chego a casa e dime Jimmy "mira! salgo na tele!" e ensiname que están botando unha serie de detectives que fixera hai 14 anos para a televisión. Entón conversando conteille que vira "Mucho ruido y pocas nueces" e que o vira de monxe. E sóltame "ah! pois Kenneth estivo onte aquí". FLIPEI. Non o recoñecera. O mismísimo Kenneth Branagh comeu do meu xamón e deume a man e eu sen enterarme de que era el. Os anos pasan pola xente... Cuando tal vas a comer a casa e ala, atopaste cunha estrella internacional sen sabelo...

Para quen noN o coñezades é o protagonista (e director) de pelis como Hamlet, Frankestein (el era Dr. Frankestein, Al Pacino era o monstruo), Mucho ruido y pocas nueces, etc.

http://www.imdb.com/name/nm0000110/

"-¿Eres creyente? -preguntó Juan tímidamente-. ¿Crees en algo, en la existencia de algún tipo de dios?

-Pues no sabría explicártelo... Déjame pensar. A ver. No reconozco otro templo que un árbol o el mar; otro lugar sagrado que mi cuerpo y otro paraíso que unos brazos fuertes y amables que me acojan. ¿Te vale?"

 

Lucía Etxeberría, De todo lo visible e invisible.

13

13

Seica é o número da mala sorte, pero alguén sabe por que? Según lin, unha explicación ven pola relixión, como non, fonte de toda superstición... Porque Xudas foi o número 13, é dicir, o que levou a desgracia. Sabes que nos avións non hai fila 13? Ou que en Madrid non hai liña de bus número 13? Ou que os hoteis suelen reservar esa planta para o servicio e non para os clientes. Que non se expediu en España un DNI número trece. En moitas calles non se pon o número trece, senón o 12B... Parvadas todo.

13,12,11,10,9,8,7,6,5,4,3,2,1 e respirar. Parece que toda a nosa vida se basa en contas atrás. Din "carpe diem, porque só hai unha vida" e a xente dedícase a ir restando días cara a morte. "Que hora é? As 10 menos 5". Faltan 5 minutos para as 10. 5,4,3,2,1 e xa son as dez. As agullas van correndo cara metas invisibles e infinitas que non paran de moverse. "Xa falta menos para fin de mes" e a esperar a que cheguen cartos. "Tes que entregar esto en 3 días" e a apurar porque o tempo sempre vai cara adiante e non cara atrás.

Desta vez conto consciente e conto impaciente. 13,12,11,10,9,8,7,6,5,4,3,2,1 e voar.