13
Seica é o número da mala sorte, pero alguén sabe por que? Según lin, unha explicación ven pola relixión, como non, fonte de toda superstición... Porque Xudas foi o número 13, é dicir, o que levou a desgracia. Sabes que nos avións non hai fila 13? Ou que en Madrid non hai liña de bus número 13? Ou que os hoteis suelen reservar esa planta para o servicio e non para os clientes. Que non se expediu en España un DNI número trece. En moitas calles non se pon o número trece, senón o 12B... Parvadas todo.
13,12,11,10,9,8,7,6,5,4,3,2,1 e respirar. Parece que toda a nosa vida se basa en contas atrás. Din "carpe diem, porque só hai unha vida" e a xente dedícase a ir restando días cara a morte. "Que hora é? As 10 menos 5". Faltan 5 minutos para as 10. 5,4,3,2,1 e xa son as dez. As agullas van correndo cara metas invisibles e infinitas que non paran de moverse. "Xa falta menos para fin de mes" e a esperar a que cheguen cartos. "Tes que entregar esto en 3 días" e a apurar porque o tempo sempre vai cara adiante e non cara atrás.
Desta vez conto consciente e conto impaciente. 13,12,11,10,9,8,7,6,5,4,3,2,1 e voar.
1 comentario
anonimo -
este anonimo vaise de campaña,pois xa comezou,e non voltara ata dentro de 15 anos,pois ten por diante moito traballo que facer,mais traballo e menos loita.grandes sacrificios e poucas alegrias,esperame un reto,pero pra retos xa superei uns cantos,este ultimo levarame moito tempo,espero non ficar no medio,e por suposto saborea la gloria dos triunfos.que teñas sorte,e adeus,espero que non sexa adeus pra sempre,eu tratarei de voltar pero marcho sen mirar pra atras.adeus.