Eu? Non pido nada...
Unha casiña, dunha planta, no monte, cun río cerca.
Un silencio so interrumpido polo piar dos paxaros e o ir e vir da auga escorregando entre as pedras.
Unha lareira á que achegar os pes nos días de inverno. Frotar as mans contra a calor que desprende o lume. Deixarte hipnotizar polas lapas que van darriba abaixo bailando acompasadas.
Unha cociña de ferro, para quentar a casa e cociñar cousas novas con sabor a pasado.
Unha horta pequecha para ter os meus grelos, repolo, leitughas, pementos, patacas, cenorias e repolo.
Un naranxeiro para poder facerme zumos cando queira.
Unha terraza que mire ao oeste para ver as postas de sol todalas tardes.
Podería seguir ata agotar os caracteres.
Soñar esperta, espertar soñando... Todo está ben.
1 comentario
tania -
comparto parte do teu soño...todo non, eu tamén plantaría unha nogheira...jujujujujuju