Ás veces non sabes ata que punto che gusta facer algo ata que non o podes facer.
Ás veces non sabes canto necesitas a unha persoa ata que non a tes contigo (recordando Finisterre, aislada de toda forma de contacto continuo...).
Moitas veces pode confundirse con querer ter algo que non se pode ter. Hai moita xente que ten ese patrón de comportamento, mais creo que non é o meu caso.
Boto de menos ver o sol esconderse entre as illas Cíes, dándose un baño antes de ir descansar. O último atardecer que vin foi en novembro, desde a ponte colgante, pero nada que ver co que me levei da terra, no Pico Sacro, ese teatro do crepúsculo no que o protagonista nunca falla aos seus espectadores, onde podes chegar a illarte tanto que te cres o único ser no mundo e onde a vida che entra pola médula ata saír a borbotóns pola boca en forma de sorriso.
4 comentarios
tania -
Eu -
:)
anonimo -
tania -
eu xa sabía que te ia botar de menos...e non me equivocaba...botote moitiiisimo de menos...