Blogia
Terra de ninguén

Feliz día de San Valentín?

Feliz día de San Valentín?

Onte vin un anuncio que nunha páxina que decía "No te olvides de sorprender a tu pareja en San Valentín!". Pareceume tan estúpido... ¿Como se pode sorprender a túa parexa en San Valentín se xa se sabe que é un día no que vai haber regalos e "demostracións de amor mutuo"?

Tamen vin outro anuncio na televisión que dicía "Love Songs, el cd de las mejores canciones de amor R&B, demuéstrale a tu pareja que te importa". Por favor, esixo que se reconsideren os titulos dos publicistas. A min regalanme ese cd e pensarei de todo menos que lle importo! jajajajaja.

E que me dicides do que se soe escoitar "Feliz día de San Valentín!". ¿Que clase de felicitación é esa? Felicitar o cumpleanos vale, felicitar o santo pois ainda pode ter un pase, pero felicitar o día de San Valentín??? Qué tipo de relación ten unha parexa que se di iso? (non quero ofender a ninguén que lea eh! so , facer reflexionar, jejeje). Que se felicitan un día o ano un día no que todo está vermello e empapelado en corazóns. Un día o ano no que se quere demostrar canto se quere a unha persoa. E cantas persoas despois de levar todo o día esperando a que a súa parexa lle dea un regalo din "Ala! gracias! non tiñas por que comprarme nada, non mo esperaba!".

Non quero seguir e liarme con que todo é un invento consumista do Corte Inglés, xa hai moitas páxinas que digan eso. So quería relatar a miña reflexión e monólogo interno que tiven mentres facía que daba unha clase.

Síntome tan afortunada de non ter ninguén con quen celebrar o San Valentín.

Síntome tan afortunada de ter con quen poder dicir "hai que celebralo" tódolos días.

2 comentarios

TANIA -

SINTETE AFORTUNADA...PORQUE O ERES LU!
QUÉROTE!
AHH E FELIZ DÍA DE SAN VALENTIN! JAJAJAJA

anonimo -

tes moita razon,hai que celebralo todo-los dias,agora non teño con quen celebralo,fai algun tempo regalaballe a miña vales de 100 euros para comprar roupa na tenda de Bershka.sinto non poder facelo todo-los dias,pero o bolsillo non daba pra mais,so algun dia solto e algun dia como un cumpreanos ou santo.