Shhhhhhhh......
O sol cólase entre a túa roupa como un amante que ansía compartir a súa calor co teu corpo. Unha tenue brisa, cómplice, intenta que non te des conta calmando o efecto, mais multiplicando o placer.
Cerra os ollos e respira... Respira profundo... Sínteos acariciándote. Todos á vez. Como nunha orxía na que ti es o centro.
E vai... E ven... E vai... E ven... Notas como se enterran na area blanda, pero non loitas contra elo, disfrútalo. Cada vez máis abaixo a auga roza máis e máis recunchos da túa pel.
Sintes como unha mirada se clava docemente no teu corpo, como un voyeur permitido. Entón, despacio, xíraste e devólvela, e cun enorme sorriso pensas: "Que feliz son...".
1 comentario
Gabi -