2007

Xa me dicía Aida "os 22 son a mellor idade". Si. Non sei se a mellor, mais sen dubida que por min non pasaron desapercibidos. Este ano conseguín tantas cousas... Acabar a carreira na primeira tirada de dados, un verán inesquecible, xogar a ruleta da fortuna e gañar un traballo xenial a un prezo máis alto do que apostara, palabras inexistentes, sentimentos ocultos que sairon á luz, coñecerme máis a min mesma... Ti. Nós. Elas. Cada segundo dos 365 días teño un bo recordo. Si: SON FELIZ.
Agora so espero que os meus presentimentos non sexan certos e que ese ano que comeza nunhas semanas, ese 2008, ese ano que contén o meu número favorito, sexa mellor aínda. Mentres estedes comigo, xuntos imos a máis.
PD.: Non son do PP, pero o eslogan viña o pelo.
2 comentarios
tania -
quérote...
e si, mentras estemos xunt@s, imos á mais..(e tp son do PP)
Eli -
Bicos