Blogia
Terra de ninguén

De pequeniña...

De pequeniña...

... sempre dicía "eu de maior quero ser hada madriña", porque me gustaba iso de cumplirlle os desexos ás persoas e facelas felices. E entón, ao ver a miña inocencia sempre me contestaban "Lucía, para ser hada madriña hai que ter poderes, ¿ti tes algún poder?" e eu replicaba "pois por agora non, mais quen sabe, igual aínda non me din de conta... Senón, sempre poderei ser mestra". (Que mítico iso de ser mestra, ¿por que nos gustaría tanto ás nenas?) En fin, que aínda non se me manifestou ningún poder... mais o de ser mestra xa non me entusiasma tanto.

Agora confórmome con dicir que de maior quero ser "Feliz". Semella unha resposta cursi ou típica, mais creo que hoxendía parece que ser feliz pode chegar a ser unha odisea, unha utopía, pouca xente se considera feliz e iso entristéceme, pois non necesitas "hadas madriñas" que che cumplan desexos, senón que todo sae de ti mesmo. Moitos, nesta carreira da Vida teñen que superar asignaturas hueso como "Introdución ao amor propio" ou "Espiritualidade"...

¿Que queriades ser vós de maiores cando erades máis pequenos? Gustaríame sabelo, así que xa sabedes! un comentario dunha palabra tampouco é tanto traballo!

10 comentarios

gabi -

"Cuando yo era niño allá en Alejandría y me preguntaban qué quería ser de mayor, respondía: "De mayor quiero ser viejo". - ¿Ni astronauta ni bombero? - Yo quería ser viejo, porque veía a mi abuelo sentado al sol, feliz, viéndonos jugar a su alrededor en la calle y contándonos historias: lo adorábamos."


GEORGES MOUSTAKI

taninha -

por certo..estou con cocos no de que tes o poder da palabra...
bikos a carretas!

taninha -

eu de grande quería ser un neno...acórdaste????
jajajajaja
ahora en serio...creo que de maior quería ser profe..pero un máis na miña familia xa non estaría ben...jeje
a lo menos non quería ser especulardora de terreos como miña irmán (dame que vai a ser a protagonista do caso " ghimarei " ou algo parecido...

richi -

minero era para mi el mejor trabajo que podia haber

cocos -

io estaba convencido de que tenias mil poderes...por lo menos el de las palabras xD

io creo que mayor
o supongo que futbolista o algo así simple de pensar

aultre narai -

pois eu se che digo a verdade non quería ser nada... jejeje gustábame ser nena. despois dixen, tamén, o de ser mestra, pero a culpa tívoa meu avoíño, que foi mestre de escola(igualiño que o Fernando Fernán Gómez na Ligua das Bolboretas!!) e despois reporteira de guerra (aínda podo jejej). creo que agora o único que quero é ser eu mesma :) o demais, incluído a felicidade, virá só.

unha apertiñaaaaaaaaaa

Anita -

Pois.... eu de pequena... (ufff ainda son pequena, hahaha) queria ser FORENSE!!! Flipa!!!
E si q tes poderes!!! Un deles o de axudar á xente!!! Obrigada Lu!!!
E agora.... interpretar, traducir, interpretar, traducir.........

gabi -

y por cierto, todavía no he alcanzado tanta sabiduria de la desgracia para lo de los refranes

gabi -

Eu de pequeno non me planteaba esas cousas, pero si que logo mais maior queria ser cientifico biologo xenetista. O caso era ter probetas e chafullar!!

elianinha -

Eu empecei sendo perruqueira, bastante común tamén. Despois quixen ser profe (flipante non?). A verdade é que nunca soñei nada extraño, que agora me acorde. Será por iso que ao final traballo do que traballo ;)
Pois se querías ser feliz, aquí estou eu para botarche unha man.