(Des)Confía...
Ultimamente non sei que pasa, pero atópome en moitos nicks/blogs/conversas... cousas como "non confíes nin na túa propia sombra", "don't trust anyone"... ¿Que pasa? ¿Tanta desconfianza a qué se debe? ¿É unha moda?
Creo que é moi triste non poder fiarse máis que dun mismo, non poder ter a seguridade de que unha persoa responderá por ti se che fai falta ou que estará aí se a necesitas. Moi triste estar á defensiva, a ver se hai dobles intencións nas palabras ou accións dos seres que che rodean, sempre buscando o lado malo e pensando que todo o fan para aproveitarse de ti. Iso, que o sepades, non é vida. Non se pode considerar vida cando non disfrutas plenamente coa xente á que aprecias, cando sempre estas a desconfiar.
Tampouco se pode ser ao revés e abrirlle o corazón a todo o mundo, sen detectores de malas compañías que piten a recoñecer individuos no deseados.
Eu antes, fai un tempo, non tiña ningunha dificultade para deixar pasar a xente, sempre que a primeira impresión era boa: "hasta la cocina". Mais a vida vaiche dando paus e máis paus e daste conta de que non toda a xente é como ti cres, non todo o mundo ten corazón noble e aí a decepción é maior. Agora aprendín a ser máis cautelosa (ás veces dinme que a primeira impresión comigo é dunha tía borde, alucinei cando mo dixeron). Máis tamén sei que hai xente boa, na que unha pode confiar infinitamente e que cunhas poucas sesións de coñecemento mutuo a confianza aparece.
4 comentarios
taninha -
no noso caso para sempre sempre...
xa non temos nin que falar
elianinha -
arale -
Por certo, a min tamén me dixeron unha chea de veces que a "primeira impresión" que dou e de borde misántropa, menos mal que aínda os hai que non se quedan só coas primeiras impresións...
gabi -
así que se te caiga el pelo y te crezcan interviús en las axilas
:*