Blogia
Terra de ninguén

O gran Charles

Déixovos aquí un link a unha páxina que promete, algo que non vira ata o de agora. Trátase dun blog sobre caricaturas de grandes personaxes da historia do rock e derivados. Polo dagora este proxecto aínda está empezando, pero promete

http://www.rockarituras.blogspot.com/

E non o fago porque si, senón como agradecemento ao seu creador por aquela caricatura que me fixo expresamente dos Rage Against the Machine e ese gran debuxo do bosque das hadas que me regalou polo cumpreanos. Esa personaxe inigualable co que vivín durante un ano por terras bristoleñas e que me atopo fugazmente de festa en festa e pola facultade (curiosamente de tradución, cando gañaría unha pasta debuxando coa súa calidade!).

Charlie! Avanti a toda vela!

3 comentarios

tururú -

venga tía, ánimo, q tú puedes, confío en ti!!!!

Anita -

Ohhhh, vaia surpresa........ tão agradável!!! Concordo totalmente contigo mosaa, uma calidade.... incrível!!! Avante Charly!

Charles -

Vaia palabrazas me dedicas! jeje Bueno é unha primicia: o próximo en caer da lista será o bo de Billy Corgan. A ver se a partir de agora sigo esta terra de ninguén dunha forma máis regular que está realmente ben o teu blog!