Malo, malo, malo eres...
Fai uns días tiven unha conversa moi interesante sobre a maldade. O ser humano nace malo ou faise? Por que ser malo? É algo relativo o concepto de maldade? Este podería ser un debate eterno no que non entrarei para non repetirme. Mais só digo que odio estar rodeada de seres ruins envoltos en enerxía negativa altamente contaminante, de trepas pisalotodo, de avariciosos... Co ben que se vive sen molestar a ninguén (polo menos conscientemente...).
O outro día había un exame de tradución de textos económicos e a xente foi o día anterior á biblioteca a escondelos diccionarios entre os demais libros para poder ter un ao día seguinte. Madrugas e subes antes, non sexas así! Xente que arranca anuncios dunha profesora de clases particulares de alemán moi boa, para que outras persoas non conten con esa axuda e ser eles os mellores da clase. Esconder os libros de exercicios resoltos da biblioteca para ser eles os máis "listos", darlle a "no admitir" no messenger por pronunciarte en contra a unha idea súa... Estas son pequenas mostras de maldade nun microsistema como é un curso de 100 persoas. Ampliade isto a gran escala e como podedes ver os resultados son espeluznantes...
Veña nenos, a portárseme ben!
5 comentarios
teño nome pero non quero presentareme. -
richi -
petra -
aultre narai -
moi bo o post!!! son patéticos...
Anita -
A passar de toda esa merda!!!