Blogia
Terra de ninguén

E cando a boca do estómago se me cerre e as lágrimas queiran sair acordareime...

...das cataratas, do seu camiño imposible de aprender, do seu río sen ruído e das súas alimañas.

...da lúa chea, da súa pancarta, do seu hotel, da súa luz.

...das estrelas, dos avións incendiados, do saco de durmir empapado, das que morren e das que son meteoritos.

...da praia fluvial, das súas serpes, da súa espuma, do seu Soco-socorrista, do seu sofá.

...dos paseos, dun cachopo, da queiruga, do paso lento e do paso rápido.

...dos móviles con chisma, das composicións musicais como politono, do pitido para avisar.

...daquela viaxe e as súas infinitas anécdotas.

...das infinitas conversas de temas máis que variados.

...das infinitas paridas, animaladas e idas de olla.

...da miña manta de lúa...

...da primavera, da chuvia esvarando, do sol pegando, da loita interior de levar ou non a chaqueta :D.

...da auga, do cerebro movéndose, das dores de garganta.

...de lendas e pasos atormentadores, cabezais como almofada e reloxos sin pila.

...de "así que fai un ano..." ou "que concentrada vas".

...de Un pingüino en el ascensor, anuncios de espaguettis, Héroes, Lady Lu, Doctor Deseo, La Fuga, Los Piratas, Anthrax, Joaquín Sabina, Ktulu, Sepultura, Julieta Venegas, Extemo, etc etc.

............................................................................

............................................................................

 

0 comentarios