Pilas recargadas
Baixamos do bus e vímolo. O mar iluminado por un sol enorme e laranxa que cegaba. Era cedo pola mañá para os que se erguían, tarde para os que chegabamos.
Este ano Ortigueira foi a mellor carga das miñas baterías que podía pedir... Grande, moi grande. A xente que non vai porque di que non lle gusta ese rollo é porque nunca foi. É unha pena... É certo que alí hai de todo, mais de todo haino en tódolos sitios. É certo que xa non conserva tanto o espíritu hippi, celta..., que hai bakaletas, pijos, de todo... Mais estes tamén inundan o resto dos festivais, son unha plaga. O segredo está en ti e na túa xente. Se te xuntas con xente que realmente aprecias rompes barreiras, límites ilimitados e voas de felicidade. Estes catro días foron un moi bo comenzo do verán. Botei a xente en falta, pero para outra será. Da gusto convivir cos amigos dos meus amigos como se nos coñecesemos de toda a vida.
Compartimos comida, bebida, conversas, timbales, bongs, tempo, momentos borrachera-amor-quégrandesonmisamigos, segredos, tendas, espacio, sabiduría, amenceres, baños, lume...
Aprendemos máis dos outros, aprendemos sobre os puntos heroicos, que se lle das tres voltas a unha botella con gas quítasllo, que se pos as tapas do pan de molde cara dentro engañas á vista e sabe normal, que a auga da ducha non está tan fría como din, que donde caben catro caben doce, que se nos din que non hai saída, non hai saída, que coa música folk é imposible estar quieto, que por moito que te laves aos 5 minutos xa tes merda na pel...
Rimos a máis non poder. Estiven a chorar tódolos días, a tódalas horas.
Cantamos cancións descoñecidas, cancións míticas, cancións infantís, himnos, cancións populares...
Bailamos sen parar. Sen parar. Bailamos na acampada con madrina, bailamos no pobo cos ritmos frenéticos do folk, bailamos coa timbalada (batukada para algúns) ata as tantas da mañá, bailamos nunha carpa ao ritmo de ska, bailamos nunha carpa ao ritmo do chunda chunda (que risas), bailamos Muchachito dúas veces o mismo disco noutra carpa... Sen parar.
Inventamos xogos, normas, ritmas, chapatanpar...
...
Miles e máis miles de cousas. Para repetir sen dúbida.
Espero que cada ano supere ao anterior, como fixo este.
"Eso es una pijada, yo le tengo el mismo respeto a un atún que a una lechuga" (Aida, tenía que ponerlo...)
4 comentarios
gabi -
alegrome de que o pasases tan ben...
lametóns!
coquiños -
taninha -
teño envexa, sí...envexa sana...pero envexa ó fin e ó cabo...
prometo non facer de superwoman...e CONFÍO EN QUE O ANO QUE VEN SEXA MELLOR...
BIKOS MOSAAA
Dabiz -
É certo Lu que da gusto a xente culta, parece que revivo eses instantes leendo as tuas palabras... que ben escribes ¡OLE! eu non teño a tua pluma, solo queria deixar constancia como testemuña de esta festa, que non atopei nunca mozas coma as de Lestedo, nunca bailara nin cantara nun bus, nunca me parecera tan curta unha noite e por suposto nunca fixera un botellón de likor café... so esero que cada ano se repita esta historia con a mesma xente y novos amigos, que cada ano me queime na praia, durma o intre que tarda o sol en sair desde que comenza a mencer e que calquer son se converta en música que me faga baliar, e que cada cara que vexa o meu redor me resulte familiar... Ortigueira, non ten prezo.