Esto é o que lle aconteceu a un vello daquí cerca
Imaxina por un momento que teu avó acaba de recuperarse dunha trombosis que lle imposibilita falar e desenvolver outras capacidades. Imaxina que sae a dar un paseo ás nove da mañá e son as dúas do mediodía e aínda non chegou. Imaxina que todo o pobo se revoluciona para buscalo e estás desesperad@ pola súa desaparición, por que lle puidese ter pasado algo grave.
Entón soa o teléfono:
-¿É aí a casa do señor Juan?
-Sí, aquí é, ¿sabe algo?
-Vinde a buscalo que está tirado nunha cuneta.
Non se identificou. Non dixo qué cuneta. Mais a familia aférrase ao que ten e coma tolos comezan a rastrexar cunetas de toda a comarca, pensando que igual caera ou que alguén o atropellara e dérase á fuga...
Ao final, alá á noitiña atopan ao señor Juan nunha mina de auga, onde caera ao perseguir aos cans que se lle escaparan. Emocionado, choraba porque o atoparan, xa que ao non poder falar, non podía pedir auxilio e menos intentar trepar.
Agora cabe preguntarse: ¿por que a xente é tan mala? ¿Cal era o fin daquela "broma"? O que conseguiu foi que perderan o tempo buscando nas cunetas e que o pobre señor estivera agonizando dentro dun pozo coa esperanza de que a alguén se lle ocorrera mirar alí. A xente non ten corazón. Con tantas personas malvadas no mundo non cabe descartar esa teoría de que o home é malo por natureza. Sorte de non atopar moitos no meu camiño.
4 comentarios
Eli denovo outra vez -
taninha -
Eli de novo -
Eli -