Blogia
Terra de ninguén

Mais para confirmar que "as apariencias enganan"

Mais para confirmar que "as apariencias enganan"

Un día un amigo díxome que eu era naturalidade, que era unha das persoas máis naturais que coñecía, que me mostraba sempre tal e como son. Ese amigo sei que o dixo dende a alma e dende a alma doulle as gracias, porque nunca tal cousa me dixeran. Fíxome pensar moito. Aínda sigo a pensar. Estes días (por no dicir "toda a miña vida") síntome pendurando dunha corda, non encontro o equilibrio que me satisfaga. Estou moi cansa, cansa de buscar e non atopar, de dar e non recibir, de facer cousas que non quero facer, de calar, de fuxir, de evitar... Non vexo o momento de botar a voar.

Alegreime moito de que me dixera eso, porque eso demostraba que unha das persoas que terían que ser das máis influíntes na creación da miña personalidade non o fora. Alguén que ten como máxima filosofía (cito) "as apariencias son o máis importante" e que ten unha vida que se basa en finxir e ferir non conseguiu transmitirme esos valores tan "fundamentais". Eu quero ser eu.

Despois dun tempo pensando, dinme de conta que ao fin e ao cabo sí que foi moi influinte na miña vida, pois, aínda que resulte duro dicilo, conseguiu que chegase a representar o modelo do que non quero ser nunca.

Non todo o que reluce é ouro, din.

2 comentarios

Anita -

Decidas o q decidas eu sempre estarei ó teu lado para te apoiar! Eu tamén quero voar! Parece q agora estouno a facer por un tempiño! Muitos beijinhos desde Lisboa! Isto é xenial, xa te contarei! Descubrin cousas coas q ías flipar, qero verte aqi comigo!

Manolo. -

A naturalidade é a postura máis difícil de adoptar. Ti non só a adoptas senón que che queda de puta madre. Aparentando poderás conocer e "ter" un montón de "amigos" tantos q te olvidarás de ti mesmo; polo que a apariencia é a peor das soidades.
Vou sobar q as festas don´t stop forty hours significan para min inentar volver a nacer :D Bikos e arrumacos; ata a próxima.