Blogia
Terra de ninguén

Ves a Vanuatu? Non fai falla. Ti podes ter o teu Vanuatu se queres

Ves a Vanuatu? Non fai falla. Ti podes ter o teu Vanuatu se queres

O outro día ficaba impávida escoitando ao meu avó mentres nos contaba historias da súa xuventude, de cando non tiña un can, de cando tiña que traballar para a toda familia e sacar adiante aos seus tropecentos irmáns menores. E contaba que recordaba aquela época da súa vida con moito cariño, porque apesares do duro traballo que supoñía aquelo, era feliz. Calquer momento que tiña libre disfrutábao plenamente, de festa, de mozas, na casa, de troula cos amigos... Mais era feliz sen ter cartos.

O outro día falaba cunha persoa á que quero moito e dicíame que a súa máxima ilusión nesta vida é conseguir un Porche nonseiqué, non por fardar de coche, senón porque lle gusta conducir e sería feliz tendo un. E así pasa os días, vivindo desa ilusión, xogando á lotería, á bonoto, á quiniela... coa esperanza de que nunha desas lle toque e poder facer realidade o seu gran soño. Dóeme moito que pense así, gustaríame facerlle ver as cousas dende outro punto de vista, mais xa van moitos anos e non cambia... O meu soño é ser plenamente feliz e él díxome que sería plenamente feliz só desa forma.

O outro día, na casa de Miriam, ensinoume a súa reliquia que tiña moi ben gardada, o seu primeiro billete que cobrou no seu primeiro traballo. Un billete de 10 euros. Aparentemente non ten nada de raro. Mais cando mo ensinou souben perfectamente por qué o gardara. Irónicamente no seu primeiro salario xa lle chegaba a mensaxe. Escrito en tinta azul decía algo como "Os cartos son unha merda. Acabemos co trueque. Todo é de todos".

E o outro día vin no telediario que a illa de Vanuatu, no Pacífico, unha illa na que non chegou o desarrollo, encabeza a lista dos países máis felices de todo o mundo. Un país sen o medioambiente danado, cunha longa esperanza de vida, no que non existe un exército, no que a democracia ten unha longa historia e no que os seus cidadáns son felices co pouquísimo que teñen.

A ambición e a avaricia son venenos corrosivos que se menten no teu sangue e que poucos antídotos existen para limparcho. Ás veces podes parecer feliz, pero é todo mentira. Pura falsidade. Porque queres máis e máis, e non es feliz nunca. Son coma un saco sen fondo. Canto máis tes, máis queres. E se non tes nada, eres infeliz porque ves aos outros e envexas. Esto sempre foi así, pero en cantidades menores, pero esta sociedade que coñecemos hoxendía fixo que se multiplicase por 1000. O trueque sempre existiu. "Esto é meu, aquelo é teu, cámbioche o meu polo teu" sempre existiu. E por moito que eliminemos os cartos, sempre cobrarán valor unhas pedras ou unhas cunchas ou uns microchips, calquera cousa que poida servir como elemento de pago nun intercambio. O que temos que cambiar é a nós mesmos. Cada un de nós. Abrirse de miras. Darse de conta que só hai unha vida e que non vale a pena malgastala soñando con cartos, futuras ilusións. Que hai que vivir o día a día e co que tes. Que os cartos non compran a felicidade. Ti fas a túa felicidade.

E xa estou farta de que me digan "Ti es coma o tipo ese do anuncio dun cochazo, que vai de jefe cantando maldita hipocresia, maldita sociedad, odio el dinero e despois tes un A3". Xa estou farta de dar explicacións. Quenes me coñecen, saben o que penso, saben por qué teño ese coche e que foi como un embarazo non deseado.

6 comentarios

Eli -

O que aprecio de ti é que nunca fas sentir mal a ninguén. Ti, aínda que poderías, nunca fuches presuntuosa nin nada polo estilo. A min, cando me dicían "Lucía ao marchar para peleteiro vai cambiar, non vai ser igual", eu negábao. Nunca presumiches de nada, nin fixeches sentir inferior a ninguén, aínda que fose sen querer. Por iso ti podes dicilo mellor que ninguén, o que che dea a gana. E por iso eu podo darlle credibilidade. Bicos.

gabi -

...jajaja...

besos gruñones jiarrr

gabi -

que gente...meterse con una punkiwarra que roba coches, si si...robado

lucy sin ley!!

P.D.: diles ya que es mentira lo de tu coche. Por fuera parece un A3 pero por dentro es un monopatin tirado por un par de burros...que no sabeis neno!!!!

taninha -

Evidentemente non tes que darlle explicacións a ninguén..non debe importarche o que os demáis digan ou deixen de dicir...ás veces é difícil pero é a meta...
en canto os soños de cada un...pois, mira...eu non sei donde está a miña felicidade..se algunha vez a voy a acadar...pero...cada un é moi libre de busca-la súa felicidade donde a cree ter..ó mellor dase conta ó chegar a "tela" que non é ahí donde está pero todos temos dereito a equivocarnos...e como mil veces nos teñen dito: dos paos tamén se aprende...

Eli -

Claro que si, todos sabemos que envexas o meu corsita ;P.
Non tes que darlle explicacións a ninguén. Os que te queremos sabemos como eres. Por iso te queremos.

cocos -

Es una pena que la gente no sepa diferenciar la felicidad del materialismo.Yo estudio publicidad, la carrera cuya base es engañar a la gente y acerle caer en el consumismo, y no por eso dejo de tener mis ideales y mis creencias.Hay que saber diferenciar y es necesario acerlo.No por defender a los sin techo vivo debajo de un puente, es logico y absurdo a la vez.