Blogia
Terra de ninguén

Que lle den polo cu a Murphy

Que lle den polo cu a Murphy

 

 

LEI DE MURPHY 

Se algo pode saír mal, sairá mal.

 

 

 

  • Corolarios.
    1. Nada é tan fácil como parece.
    2. Todo leva máis tiempo do que pensas.
    3. Se existe a posibilidade de que varias cousas vaian mal, a que ocasione máis danos será a única que vaia mal.
    4. Se ves que hai catro posibilidades de que unha xestión vaia mal e evítalas, ao momento aparecerá espontaneamente unha quinta posibilidade.
    5. Cando as cousas se deixan ao seu aire, soen ir de mal en peor.
    6. En canto te poñas a facer algo, daraste de conta de que hai outra cousa que deberías ter feito antes.
    7. Calquer solución trae novos problemas.
    8. É inútil facer calquer cousa a proba de tontos, porque os tontos son moi inxeñosos.
    9. A natureza sempre está da parte da imperfección oculta.
    10. A nai Natureza é moi falsa.

 

Estou farta de escoitar cada tres por mil "xa o dicía Murphy", "a Lei de Murphy!", etecé, etecé, etecé. Non me gusta unha lei tan pesimista e non me gusta por iso que todo o mundo se remita a ela cando pasa algo malo. Se pasa, pasou, pero tamén pode saír ben. A súa filosofía é "Sorrí, mañá pode ser peor". Mais con este tipo de modo de vida un non pode tirar para adiante. A miña é "Sorrí, cando o sintas e cando non inténtao". Os problemas son problemas porque nós vémolos como tais. 

Se algo pode sair mal, sairá ben ou mal, pero non te veñas abaixo, todo ten solución menos a morte.

4 comentarios

taninha -

despois da parrafada de richi pouco podo dicir..pq ten toda a razon do mundo..cando sae ben non nos molestamos en pensalo..damos por feito que é o que tiña que ser..
casi non te atopo..

aultre narai -

estou totalmente de acordo contigo.

>

moi boa frase! ah, que me encanta este novo deseño! xDD

Anita -

A min tampouco me gusta a lei do Murphy este!!!! VIa a lei de Lucy!!! hahahaha.
Tés toda a razón, temos que intentar solventar os problemas e pensar máis nas cousas boas que nos pasan!
Lembrémonos da grande frase: Piensa en positivo, nunca en negativo!!!

richi -

hay una explicacion biologica a esto.el caso es que cuando algo nos sale mal y en general cuando tenemos sensaciones que nos provocan angustia mas o menos unos 2.000.000 de celulas nerviosas se estimulan, a las que se les suman otros 5.000.000 que se encargan de pensar en cosas como: por que me ha salido mal?, como lo tendria que haber hecho?, por que siempre a mi?, etc...;sin embargo cuando algo nos sale bien nuestro sistema nervioso no se preocupa de saber el por qué nos ha salido todo bien.por esto las veces en las que las cosas nos salen mal tienen mucha más presencia en nuestra memoria.es nuestro pesimismo inconsciente, y es muy dificil acabar con el.