Blogia
Terra de ninguén

 

 

 

Mírome ao espello e penso ¿por que a apariencia é algo tan importante? De sobras é sabido que os cánones van cambiando co paso do tempo, que o que agora pode ser fermoso dentro duns anos pasará a parecer horrendo e pode que nun futuro máis lonxano se volva a retomar...

Simples modas. Se todos somos conscientes disto, ¿por que seguimos a darlle tanta importancia á apariencia? ¿Por que o estado de humor dunha persoa pode variar dependendo de si se ve atractiva ou non? ¿Por que unha persoa pode facerse dano a si mesma por chegar a "mellorar" o seu aspecto?

E ¿para que maquillarse? ¿por que ese costume horroroso de ocultar os nosos rasgos? Seica é unha forma de acentualos, de favorecelos. Pero o caso é ¿por que hai que favorecelos?

Inténtannos vender unha imaxe cunha finalidade.

Vender, ese é o comezo dun círculo sen fin.

Manequís.

Superficialidade pura e dura é o que sobra neste mundo. A moreas, a montóns, a toneladas máis ben.

 

2 comentarios

aultre narai -

pois si, o círculo vicioso... e supoño que a meirande parte do mundo faino porque neste sociedade, ser un mesmo, ser diferente, ser AUTÉNTICO está prohibido. e moitos só queremos pasar desapercibidos... triste, si, pero é a verdade. é que os dobermans rabiosos da sociedade fan moito dano cando te traban. e iso é algo que temos experimentado todos. menos mal que para iso o amor é cego e cando te namoras só nos fixamos na \"persoa\" e o demais acaba por non importar. menos mal!!!

Anita -

Mmmmm... como me gusta o novo aspecto do teu blog! Encántame!!! E o comentario... boísimo Lu!
a verdade é que tés razón, pero xa sabes que vivimos nunha sociedade hipócrita (eu a primeira), e o que lle conta á maioría da xente é a apariencia...
Gustaríame que algún día isto cambiase, gustaríame que cambiasen tantas cousas....
Pero algún día temos que comezar non???