"Introspeccionando"
Gústame isto da rede para desafogarse (seguindo o exemplo dunha amiga), porque ás veces creo que todo o que penso e polo que me rayo pode ser un auténtico coñazo para quen me esté escoitando. Desta forma tecleando á velocidade que vai o meu pensamento, sen parar a pensar no que estou dicindo nin no que pensarán do que digo, déixome levar co consolo de que aquel que se aburra no primeiro paragrafo non ten que seguir a ler, é libre de cerrar a páxina.
Entre caixas, ruidos de batidoras e olor a pan recén feito a miña cabeza da moitas, moitas, moitísimas voltas, tódolos días. Nin sequera o ruido que fai a radio machaca que me teñen posta distorsiona o meu pensamento. Sempre chego a conclusións diferentes, sempre chego a plans que nunca levarei a cabo, sempre me queixo interiormente do que nunca me queixo, penso moito sí, pero fago pouco. Esperar como forma de vida, ese é o meu lema, moi triste, pero certo.
Estou farta de esperar a que unha maldita chispa prenda lume dunha vez e empece a queimar todo o que teño pensado. Pode que sexa unha persoa, pode que varias, unha experiencia, unha canción, algo, pero día a día digo: teño que cambiar isto, pero o caso é que non cambio. Este último ano foi para min un gran xiro (máis do que foi entrar na universidade), coñecín a moitas persoas que me foron abrindo camiño no cambio, agora xa teño claras moitas cousas, moitas ideas, moitos plans, pero fáltame iso, o belisco que me faga saltar e dicir: agora!
Teño clarísimo o que non quero que sexa de min, non quero acabar asentada, na casa, limpando na cociña coa maior preocupación de cantas lavadoras teño que poñer, ou cantos libros lle teño que comprar aos meus fillos. Non quero terminar sendo a xefa dunha empresa que promete tempo libre e che da quebradeiros de cabeza, escrava dun negocio que promete cartos e che da estres a cambio, non o quero, NON O QUERO, que quede claro, porque eu téñoo. Non quero acabar sendo unha persoa que teña como preocupación gañar o máximo de cartos posibles para facerse a súa casa con piscina e ter un supercochazo, pagarlle un colexio privado aos fillos e bla bla bla. Tampouco quero ser unha persoa que abandone os seus soños por outra á que quere ("os soños son o único que non nos poden roubar"), porque esa persoa pode cambiar, ou esa relación pode acabarse e ao final o arrepentimento percorrerá as túas veas (que pasaría se fixera esto naquel momento? onde estaría agora?...), non se pode deixar todo por alguén, aínda que pareza egoísta, o amor é moi cabrón. Non quero ser unha persoa que só ten por preocupación cando é o seguinte día que se sae de festa, porque esa é a única diversión (Salir beber el rollo de siempre). Nin de coña me gustaría acabar sendo unha persoa que mire ao pasado e vexa que non fixo nada bo coa súa vida, e ver que os anos perdidos non se poder recuperar. Sería moi triste. O que me asusta é que a este paso serei unha delas, porque necesito a iniciativa que me falta.
Non entendo á xente que derrocha cartos en cochazos, casas, electrónica e máis cousas inútiles, vendo que con menos se poderían arreglar, vendo como hai xente que non ten nada e co 0,00000000000001% do que gastan podería ser a persoa máis feliz do mundo. Acórdome cando era bastante máis pequena e quería estudiar idiomas (isto xa ven desde a infancia) porque así podería ganar moitos cartos (vaia idea...), pero para que querería eses cartos? Despois escollín traducción e interpretación porque me gustaba o das diferentes culturas e a idea de viaxar todo o tempo. Pero neste momento non sei porque estou a estudiar, pode que fai un ano o soubese, pero agora non. Non o vexo nada claro.
Hoxe lin un email de Joy, que esta de Erasmus na Arxentina, traballando nunha igrexa axudando nos pobos ás familias máis pobres, unha experiencia inolvidable polo que conta, e so leva alá unha semana... O meu e máis o seu son dous anos moi diferentes, non me arrepinto para nada do meu, pero tamén espero polo seu (sen igrexa claro). Moitas veces vendo o que vexo pola televisión ou lendo (aínda que é máis impactante velo en imaxes) gustaríame coller unha mochila e os meus aforros e marchar. Deixalo todo. Non podo aguantar tantas inxustizas neste mundo, e cada día multiplícanse. Non podo soportar ser unha desas persoas que se queda no sofá dicindo "que pena..." pero non fai nada. Sempre me gustou axudar no que podo, e ver todo iso e non facer nada faime sentir moi mal, ata o punto de chegar a avergoñarme de min mesma, si. A isto é o que me refiro, que me sinto mal pero non fago nada por cambialo. Nen sequera pequenas cousas. Falo moito pero fago pouco, ese é o meu problema. Por iso non teño dereito a xuzgar a esas persoas que se deixan levar por esta vida de consumismo desenfrenado, non teño dereito a criticalas, porque as mais das veces eu podo meterme no mesmo saco.
Non sei, mil cousas máis, pero creo que por hoxe xa teño bastante introspección aberta.

5 comentarios
gabi -
Por iso, eu creo que agora estamos a aprender a facer...O primeiro e mais importante é ter constancia con algo e sentirse forte co paso do reloxo. ¿Axudar? Non fai falla que vaias a outro pais para iso, ni tan sequera sair da tua cidade. Axudar tamén e vivir con respeto, cariño e apoio hacia os demais, porque a xusticia existe e nós somo la sua base, e se a base afloxa...
Eu fai un mes tiven una gran introspeccion, pasei unha moi mala semana...E fai uns dias revivin todo iso o ver na noite coruñesa como un grupo de innombrables arremeteron a ostias contra un pobre home dalgun pais africano que estaba a vender pulseras e aneis, e fun case a unica persoa que meteuse no medio e comeuse cos ollos e os gritos de ameaza ós agresores...Cando xa estaba todo calmado solo quedaba chorar...pasei moi mal dia e mal fin de semana...pero fixen, e pensei.
Asi que lucia, organiza as tuas ideas, iso é importante, non sentirse confuso. Ten clara a tua posicion e mira ben donde estas, con obxetividade. Non te deixes levar polo resentemento...vale? E para o demais, aqui tes unha persoa coa que falar
Unha aperta forte
Gabi
Eli -
Eu -
Elianinha -
Aninha -
Y por lo de tus sueños y todas esas cosas, no te preocupes, sé que algunos son difíciles que se cumplan, pero otros se cumplirán este año, ya lo verás, porque yo tengo muchas ganas de hacer muchas cosas. Cuidate y no trabajes tanto, rebélate!!!!!!!!! Un besazo enorme