Berra comigo
Un día soñei que tiña un megáfono. Era branco e vermello. Simplemente susurrando cos meus beizos pegados as miñas palabras chegaban á fin do mundo.
Ese mesmo día soñei que estaba na zona vella de Santiago en pleno verán. As rúas estaban abarrotadas de xente. Xente que ía, xente que viña. E alí estaba eu co meu megáfono, mirándoo, como se caese do ceo. Sen pensalo comecei a berrar. Berrei por min e berrei por todos.
Berrei pola pobreza,
polos nenos sen infancia,
polos inmigrantes que chegan mortos ás nosas costas,
polos maltratos,
polas masacres,
polas mortes inxustas,
pola natureza destruida,
pola falta de conciencia,
polo conformismo,
polo egoismo,
pola hipocresía,
pola sede de poder.
Berrei por etcétera.
Cando me din conta unha marea de xente me perseguía, xente que berraba comigo, xente descontenta con este mundo, cos billóns de inxustizas que cada segundo se comenten en calquer lugar do planeta. Sen darme de conta comezara a primeira manifestación por un mundo diferente.
4 comentarios
taninha -
o 27 berramos..non por todo o que deberamos berrar...pero berramos...
Bicasoos
Mosaa -
elianinha -
Anita -
Eu berro contigo cando ti queiras, a ver se podemos cambiar un bocado este mundo no q vivimos!!!!
Berremos!!!! Montemos barulho!!!