Blogia
Terra de ninguén

Con la casa a cuestas

Con la casa a cuestas

Para min, "a miña casa" é alí onde paso máis tempo. Neste momento considero máis casa o piso de Vigo que a miña casa en Lestedo. No verán, pois será a outra. O ano que ven pois onde me toque e para o outro quen sabe. Se nalgún momento me vise obrigada a deixar a casa onde me criei non tería ningún problema, pois só é un lugar cheo de cousas. Quedarán os recordos, mais un fogar pode erguerse en calquer sitio. Esto téñoo moi claro dende que decidín adicarme a vagar por onde sexa. Sei perfectamente que esa habitación que teño, recén renovada, será o meu albergue en vacacións e visitas. Co tempo hai que ir tomando decisións e unha delas é non voltar. Quen sabe, igual nun ano todo cambia e quedo a vivir aí para sempre... Non sei, a vida da xiros inesperados e imprevisibles.

Por iso discutía naquela conversa infinita que eu nunca me embarcaría na compra dunha vivenda, polo menos ata que asente a cabeza. Non sei onde estarei o ano que ven, nin o próximo, nin o outro. Para min, agora unha casa é un lugar onde durmir, onde ter as cousas gardadas, onde pasar momentos con xente que pode que mañá non estén porque sexan sustituidas por outras. Cando un día atope o sitio que me convenza, que me encha de verdade, no que diga "aquí quero ficar", entón aí pensarei en mercar algo se os meus medios mo permiten. Mais, ¿para qué hipotecarse agora tan xove?

4 comentarios

Anita -

Espero que esteas onde esteas, todo che vaia ben porque é o que mereces. Agora a pregunta é: E nós que facemos???? Onde queres vivir para o ano e con quen??? Difícil decisión!!!!!!!!! Elixe ti, hehehe

aultre narai -

a miña casa son os meus amigos e a miña familia. cando estou con eles dá igual onde estea. xDD

repayasa... -

de acordo completamente dende logo...a miña casa polo de agora está sen dúbida en Ourense...non sei se podería "non voltar" a Sucastro..pero teño claro pasar a máis de visitas e tempadas alí me vai a resultar moi difícil...
nunca se sabe a onde che levan os pasos...pero espero que o teu "fogar" e o meu estén sempre perto..(anque só sexa no sentido figurado...pq bristol nunca estivo lonxe..):D
bicasos

una loca argentina -

hola mosaa!!
luego de perderte el rastro finalmente enxuentro lugar donde escribirte...

me gustó tu texto, y espo que estaba en galego, ehhhh

y definitivamente este espacio tiene más encanto que el fotolog

te dejo un besazo

ah, y "algún día" no es lo mismo que "este verano", se prende a la loca idea de machu pichu???