Pío pío
Hoxe erguinme as 10 e seguindo a miña rutina matinal fun o baño e abrin a persiana. Pouco a pouco vin como a miña habitación ía enchéndose de luz que entraba polos pequenos buratos. Unha vez aberta de todo quedei parva un pouco, mirando cara fóra. "HOXE FAI UN DÍA PRECIOSO", pensei. E tiven que volver deitarme, non me podía resistir, pero non para durmir. Qué gusto, alí tirada, co sol na cara e co piar dos paxaros como banda sonora...
E dinme conta, ao ver como empezan a brotar as magnolias de miña tía, de que xa estamos ás portas de que empece a primavera, a miña estación favorita. Xa queda pouco para que Galicia resucite, as árbores mortas revivan, o verde brillante domine a terra, o sol saia máis a miudo sen tanta timidez, o ceo volva a saber que é de cor celeste, deixalos abrigos na casa, comer nas gradas da facultade, velas estrelas, disfrutar das viaxes en tren, subir ao Castro paseando, ir á praia a velo mar brillar, facela fotosíntese, ver á xente máis sorrinte...
Disfrutade!!
3 comentarios
aultre narai -
taninha -
Anita -