Abróchense los cinturones
Como dicía esa vella prematura chamada Mafalda "¿y si en lugar de planear tanto, voláramos un poco más alto?". Ese é o meu consello para a xente que basa a súa vida en plans, en castillos no aire, proxectos a longo prazo que nunca se sabe se se cumplirán. Se tes a cabeza chea de cousas que facer nos vindeiros anos, nunca aproveitarás o que fas no día de hoxe, pois tódalas túas accións estarán condicionadas. E se chega ese momento meta no que supostamente ías ter/facer iso que planeabas e por algunha razón non o conseguiches, a decepción elevarase a 10.
Está ben ter sempre algunha idea lixeira do que queres e non queres do teu futuro, mais sempre hai circunstancias que te cambian ou que cambian o teu destino. Sempre hai que deixar a porta aberta á improvisación, á espontaneidade, aos arrebatos momentáneos e, sí, á inseguridade. Todos estos son os que fan que voemos alto, que esteamos vivos. Aínda non comprendo á xente que con 20 anos sabe (máis ben cre saber) con quen se casará, cantos fillos terá, donde vivirá...
Xa sei que ás veces é mellor non voar se estamos dominados pola vértixe, máis sempre hai que arriscar, porque senón esta vida pode ser moi aburrida.
3 comentarios
cocos -
Anita -
taninha -
se non arriscas, non só non gañaras..se non que nunca saberás se gañarías e esa duda é horrorosa...