Coma un furacán... somos.
“El mono es demasiado bueno como para que el hombre descienda de él”, dixo un día Nietzsche. É así. E algúns dirán “que rollo máis pesimista levas, non?”. Pois non, é realista, non pesimista. Non me quero meter en teorías filosóficas do tipo Rosseau vs. Hobbes (o home é bo ou malo por natureza), simplemente básome en feitos. O home é a especie máis intelixente, pero tamén a máis perigosa. Tódolos animais aportan algo á natureza e só matan por supervivencia (salvo o caso da amantis e un par máis), mentres que nós só nos adicamos a destruila. Ademais de destruir fauna e flora, nos autodestruimos. Vivimos a ritmo de apisonadora. Demasiada sangue fría mesturada coa quente, que calla e estoupa. E falamos de plagas de insectos, cando nós somos a maior plaga que viviu e vive este planeta. Ata a mosca máis insignificante pon o seu grau de area axudando a descompoñer.
E diredes (e sei) que estou a xeneralizar moito, pero por moito que non queiras facelo, ti tamén pos o teu grau de area na destrución masiva. Ti e eu. Todos.
Penso que cando morra o último ser humán, haberá unha xuntanza dos animais e dirán “Joder, por fin morreron eses pesaos, mira que lles levou tempo”. E vivirán aliviados, pero sufrirán as consecuencias do noso paso. E o último oso pardo, sentado nun tronco talado, comentaralle a un dos tres últimos tigres blancos “que cabróns eses, que ademais de matarnos por cartos ou por diversión, nos mataban sabendo que nos extinguíamos”.
Poucas ganas de escribir tanto que hai que dicir.
“Y siempre es igual”
4 comentarios
cocos -
Anita -
taninha -
richi -