Blogia
Terra de ninguén

Chorrada

Sumerxida nun mar de exames e traballos, non fago máis que subir á superficie para poder respirar un anaco, é máis, creo que poucas veces me mergullo por completo... Non fago máis que perdelo tempo, que buscar excusas para non estudiar. A verdade é que non teño nin idea do que quero escribir, non teño un tema, mais prefiro estar escribindo palabras sen sentido que estar coa mirada fixa cara os apuntes e a miña mente en shock. Solidarizádevos coa miña causa! Dádeme métodos eficaces para acrescentar a capacidade de concentración! Fagamos terapia de grupo! Porque ben sei q eu non son a única, eh! Isto é insufrible. Concéntrate. Só quedan dúas semanas. Só 5 exames... Só dous días para o seguinte e aínda non empezaches a estudiar... Puta presión! O mundo sería outra cousa se esta non existise... Bueno, ráyate comigo. E sobre todo, moita sorte ti que estas de exames.

1 comentario

Ana -

Bueno mosaaaaa, xa sabes ti ben, que eu perdo o tempo moito máis ca ti, bueno dependendo de en qué cousas,jiji, por no que me interesa aprovéitoo ó maximo, jajaja. POis sí, a min pásame coma a ti, estou diante dos puntes, pero non lles fago nin caso, entón mellor estar aquí. Pois cóntoche, como vai o meu finde en Vigo: O venres rematei de ler o libro de francés, ainda que non me enterei de todo, e pola noite fun con Pedro a Samil, e estivemos paseando e falando ata as 5 ou algo así, flipa!!!!! Falamos de tantas cousas..... recordamos cousas de peleteiro, jejeje, buffff.... Polo que hoxe pola mañá non me din levantado pa estudiar, e intentéino facer pola tarde pero sen moito éxito, jiji. E agora estou aquí aburrida, xa que ninguén me fai caso. Un bicasoooooooo