Blogia
Terra de ninguén

Son unha yonki

Son unha yonki

Sí, o que oídes. A moitos entraralle a risa e dirán “Sí, Lu, xa o sabemos, pero tampouco é para tanto”. Sí que o é. ¿Sabedes qué é síndrome da abstinencia? ¿O mono? Algúns saberano por propia experiencia, outros de oídas, outros por películas, mais nada como sentilo ti mesmo. Unha persoa, cando recibe unha dose continuada dunha droga ata tal punto que crea unha dependencia física e psíquica desa sustancia, considérase un drogadicto, un yonki, un chámalleX. Cando esa misma persoa, por algunha razón, deixa de consumir esa droga sufre da síndrome da abstinencia, o que todos coñecemos como o “mono”. Sínteste con desexos moi fortes de volver a ter a túa dose e se non a tes, sínteste mal. E pensas en cal será a próxima vez que poderás disfrutar dese alivio, deso que tanto che gusta e che calma o sufrimento.


Son unha yonki dos amigos. Soa raro, pode que estúpido, mais así é como me sinto moitas veces. Acostúmbraste a ver a xente tódolos días, a pasalo ben con eles e despois fáltache un par de días e sínteste como que che falta algo, como que queres volver a ter outro chute de risas, de conversas, de bicos e apertas. Menos mal que os peores días són os 7 primeiros.


Uns van e outros veñen, marcho de Vigo e boto en falta ás rapazas, cada unha nunha punta do mundo e marcho de Lestedo e boto en falta a toda a tropa. Mais nunha semana acércase o meu periodo de desintoxicación. Será duro. A algúns véxo@s de visita en visita, dende Madrid, Coruña, Ponferrada...son unha droga forte, que te deixa kao en poucos días, mais acostúmaste a doses pequenas e intensas. Outros velos de festa en festa, día sí e día tamén. Pasan dúas semanas seguidas (sen chegar á sobredose, claro) e acaban as festas, chegan os días sen nada interesante que facer e buscas calquer excusa para velos, sexa unha casa abandoada, unha partida de parchís, unha terapia de choque ou unha auga mineral sen gas e sen tapa. E se che din que non, se pasas uns días sen velos, fáltame algo. E despois están esas dúas lerchas que pasan un verán comigo enteiriño, TÓDOLOS DÍAS, durante máis de dous meses e chega un día e plaff, xa está. Comeza de novo o curso, as findes intensas, as conversas por messenger, as escasas chamadas, os e-mails kilométricos...


Non me da chegado este sábado.

7 comentarios

Coquiños -

Seguro que la espera vale la pena, miles de grandes momentos nos esperan. xDD

arrigadeira -

non sei por qué non sei cómo , non sei onde non sei cando mais no teu blog fun entrando. Asi é ou máis ben así son unha intrusa en blog alleo mais achegueime ao teu blog e sentín tamén o mono de ver aos amigos e de compartillar con eles risos noites clases e demais con eles. Non sei se mal de moitos é remedio de ... qué sei eu só bicos¡

gabi -

...pero ya se que no...

buen viaje
besos

gabi -

...Tú, quiero verte antes de que te vayas...

Eli -

Pra cando unha convocatoria para o torneo de parchís???

a lercha outra vez -

estamos buscando o noso sitio no mundo...:D:D:D

Unha das lerchas -

ai lu...que sería de nós sen esas doses de findesemana e esas case-sobredoses de verán , inverno e primavera...
eu tamén me vou a desintoxicar un pouco...pero non de todo..que despois o subidón é moi malo...:P
kerote infinito máis dous.