Onte foi un día raro
Despois de coller un tren eu soa no que a temperatura marcaba -06º (o cal podía ser facilmente crible porque estaba tiritando de frío, pois levaban o aire acondicionado baixísimo) cheguei a Compostela. Alí na estación...
Un rapaciño duns 17 anos saía do meu vagón facendo coñas con dous amigos e levaba unha bolsa azul cunha caixa de zapatos dentro. Á saída do tren había uns 7 policiais nacionais e chamárono para que lles ensinase o que levaba (debera haber un chivatazo). O rapaz ó ver que se lle acercaban á bolsa tirouna dentro da estación e intentou empezar a correr. E ao máis estilo peliculero dous policías tiráronse (literalmente) enriba del, empezaron a berrar, un agarrándolle as pernas e un brazo e o outro agarrándolle o cuello contra o chan, facéndolle comer a merda dos zapatos que arrastrabamos. A verdade é que quedei alucinando por un rato. Unha caixa enteira de zapatos. Menor de idade. A lo "Cops". Violencia... Deume pena o rapaz, non porque o pillaran (que se joda), senón por meterse nesa merda.
Chego a casa, saúdos, traballo un rato e... mariscada. Sí, algo raro tamén, non se vai de mariscada tódolos días. Cea cojonuda. Decidimos ir á Estrada un ratiño a ver no Soho aos de Knell. Vemos aparcar a uns metros catro furgonetas da Guardia Civil. Non lle damos importancia, aínda que nos chocou. Non relacionamos. "No Soho nunca pasa nada", pensei. Entramos e estaban a soar as primeiras notas. Saúdos.
E entra un guardia. Ponse no centro do escenario e comeza a gritar "Este concierto se ha acabado, enciendan las luces!!". Luces que nos cegan. Linternas. Verde por 10. "Todos contra la pared!! Preparen los carnets". Mirámonos flipando. Reminiscencias de outras épocas, épocas de represión. Vergoña allea. Puto noxo e rabia. "Identifíquense!!!" Rexistros minuciosos. Abren tódolos bolsillos de todo o que leves enriba. Tódolos ocos posibles. Toqueteo. "Te registraron? Pues fuera!!" "Despejen la salida". Fóra chovía. Non podíamos entrar. Pasaran 20 minutos cando sairon e rompemos en aplausos irónicos a tal espectáculo "Que toquen los verdes!!".
Vaia maneira de joder un concerto. Por que se deixan levar polas pintas? Se fosen a facer rexistros deses a un pub de pijos ou a un pachanguero tamén encontrarían merda, se cadra máis aínda que non aparenten... Non digo que alí non houbera nada, pero digo que sempre lle toca aos mismos. Total, que non encontraron o que querían, salvo joderlle a noite aos do local e non permitirlle máis concertos. Aínda non sei moi ben o que pasou nin por que, mais sei o que veu á miña cabeza. Este é un mundo de tolos.
2 comentarios
taninha -
Anita -