Comentarios
Onte fun a unha mesa redonda sobre a violencia en Latinoamerica. A verdade e que tras escoitar tantas anecdotas e tantos sucesos, paraste a pensar que non fai falla que un pais esté en guerra para que a xente sinta o medo no corpo cada vez que sae a rua... O medo e unha arma moi poderosa, algo que pode facer calar e non sublevarse mellor que calquer bomba. Moitas veces pénsase que unha boa educacion desde a base pode ser a solucion para erradicar o problema da violencia, mais despois daste de conta que na maioria dos casos a xente encargada de tomar as decisions son mais ignorantes que calquer analfabeto...
Tamen me gustaria comentar que estes dias estou quedando bastante sorprendida. Nun debate que organicei nas miñas clases sobre a liberdade de expresion, onde comentei o da portada do Jueves, preguntei que opinaban eles sobre a familia real britanica, e contra todo o meu prognostico case o 99% de todolos meus alumnos pensaban que estaba ben, que facian moito polo pais, como atraer o turismo. Quedei pampa. So duas rapazas me dixeron que por elas non existirian e que venderian todalas suas posesions ostentosas para empregar eses cartos en cuestions mais importantes que o cambio da garda real.
Por ultimo decir que hoxe me chamaron "señorita" e deume a risa. Non o podo evitar. Jajajajajaja.
2 comentarios
tania -
aninmo -