Blogia
Terra de ninguén

En persoas coma ti pode estar o cambio

Este ano sen dúbida foi un dos anos nos que máis xente coñecín e a verdade é que quedei bastante satisfeita. Preguntarédesvos: satisfeita de que?? Pois de conciencia social. Tiven a oportunidade de ver que a unha boa parte tiña as mesmas preocupacións que min, cousa que me alegrou. Fai tempo alguén preguntoume: cres nas novas xeneracións?? E a miña resposta inmediata foi NON. Como vou a crer en persoiñas que agora so se preocupan de estar enganchados a unha consola ou de que a sua camiseta sexa do Tomy jilfinjer ese. Así non se vai a ningunha parte.
Pero despois comezas a ter conversacións sobre temas trascendentais cun montón de xente. Comezas a ver que a xente ten preocupacións. Onde iremos a parar se seguimos asi? Por que tanta inxustiza? E todos nos alegramos de ver que a outra persoa pensa da "mesma" forma. A única solución para un cambio é empezar pouquiño a pouquiño, coa palabra. Nós, os que cremos que o mundo debería ser máis xusto, máis equitativo... debemos facernos escoitar. Podemos empezar polos amigos, pola familia e pouco a pouco creo que a xente irá adquirindo de forma indirecta novas ideas. O que hai que facer é abrirlle os ollos á esa xente sumisa ós novos sistemas. Iso fixo un amigo: empezou con seus pais, ó principio tomábano por tolo, pero despois foi observando que co tempo xa non lle chamaban tolo, senón que o escoitaban e asentían, e máis adiante eran eles mesmos os que defendían esas ideas nos seus círculos de amigos.
Pode que nos leve tempo, pero o caso é intentalo e non abandoar.
O truco esta na educación: se conseguimos que unha parte considerable da poboación cambie pouco a pouco conseguiremos que á hora de ter fillos e educalos, estes comecen a pensar así desde o principio.
O final as nosas conversacións sempre acaban con: teño claro que marcharei por ahí, aínda non sei onde, pero marcharei a axudar onde faga falla.
Vexo que non son eu a única que creo nas utopías.
Por certo, quen sexa afecionado á lectura recoméndolle: "Las nueve revelaciones" de J. Redfield

1 comentario

Eli -

Olas. Se che apetece un café un día destes a partir das 20:30, un toque y nos vamos de birriñas, que temos moito moito moito de q falar. biquiños, rula