A gravata da discordia
Onte mentres estaba traballando tiñan posta a Radio Galega e fun testemuña dun debate radiofónico bastante patético: a gravata, poñela ou non poñela, esa é a cuestión. Seica houbo unha caixa de aforros que para gastar menos enerxía no aire acondicionado deixoulles aos seus empregados que levasen roupa "normal" ao traballo. Cal foi a miña sorpresa que despois de abrir este debate sen sentido, chamaba xente escandalizada dicindo que non lles parecía normal; que nos bancos sobre todo tiña que haber unha imaxe de seriedade e que ir a traballar en vaqueiros ou en camiseta non inspiraba ningunha confianza aos clientes. Que triste... Outros dicían que podían ir sen gravata, que era lóxico que daba moita calor, pero ir con roupa elegante, non aparecer en bermudas nunha reunión. Despois outro contestaba que lucía máis un traxe, que daba unha sensación de respecto maior... blablablablabla. Por fin, no último segundo da emisión deste programa leron unha mensaxe de móvil dun oínte que dicía: "o respecto e a elegancia non están na gravata, senón na persoa". O único con sentido que escoitei nesa hora.
Eu sempre fun da opinión de que a roupa é algo que se inventou para taparnos do frío, da calor ou de incomodidades, e non xeralas. Creo que estas "normas" sociais de ir de traxe a unha boda, ao traballo, non levar un chándal ás clases, etc, etc, etc. é unha gran parvada, o que importa dunha persoa non é a apariencia, porque todos sabemos que estas enganan, senón a persoa en si. Que máis da como vaiamos vestidos ou peinados se somos ruins?
Ademais, hai cousas moito máis importantes que debatir e polas que enfurecerse que por un simple cacho de tea...

0 comentarios