Cansa...
É case a 1 da mañá e aquí estamos, sumerxidas entre "élevages", "grippe aviaire", "volailles"...
Pola fiestra entra esa brisa típica das noites de verán, esa que alivia a suor da nosa pel.
Neste momento gustaríame estar na praia, mollando os meus pes na auga e deixando que o olor a sal mova o meu pelo.
Tamén me gustaría estar nunha herbeira, descalza, sentindo cada unha das pedriñas que atopo, facendo volteretas e rindo.
Non me importaría estar xogando aos globos de auga, correndo un tras doutro, empapándonos e vendo voar gotas a cámara lenta.
Non sería unha mala idea estar agora escoitando música en directo, pode que unha rapaza cunha guitarra nun bar, un gaiteiro solitario nocturno nas rúas da zona vella de Santiago, un timbal improvisado nun parque...
Pero non. Aquí estou. Cansa. Moi cansa. Cansa de esperar a que cheguen esos momentos.
2 comentarios
aralinha -
USAS FOREVER!!!!!!!!!
Anita -