Blogia
Terra de ninguén

Aventura backpackers!!

O outro dia iamos miriam mais eu buscando no albergue Backpackers cando nos perdimos... Preguntamoslle a un par de ingleses a ver se sabian onde estaba, e dixeronnos que fosemos con eles que ian nesa direccion. Cando chegamos a unha rua dixeronnos como chegar. Seguindo a suas indicacions fomos a dar a un sitio que tinha pinta de todo menos de albergue... Enton preguntamos a un executivo que resulta que andaba mais perdido ca nos... Sen pedirllo entrou nun bar e preguntou a ver onde andaba o maldito albergue ese. Despois saiu e dixonos o que lle contaran, e seguindo as suas instruccions, volvemos a perderonos... Por ultimo encontramos a un esperpento de vello, que nos recordaba a Bicman (ou como se chamase, aquel tipo que tinha un programa na galega, "O mundo de Bicman", que saia unha rata), pero co pelo blanco. Pois o tipo comezou a falar connosco e levounos ata o sitio (milagro!!!).Falounos de mil historias, centrandose sobre todo na causa de que subise o petroleo na China (??) e dixonos que cando quixeramos que lle deixaramos unha mensaxe nun buzon que tinha non sei onde, porque se queriamos podia axudarnos co ingles e facer de guia turistica pola cidade (para ensinarnos os puntos en comun entre Bristol e Americaca...). Ai quedou a cousa, pero o outro dia volvimos a encontrarnolo nunha tenda e dixo que nos deixara unha mensaxe no albergue para que fosemos os domingos e os mercores a un pub no que tocaban jazz en directo e asi manter conversas con el... Hai xente que esta un pouco jamada, pero todo sexa por practicar o ingles!!!! jajajaajaja.

1 comentario

manolo -

Así que o mundode Bicman...polo menos, vexo que hai alguén nalgún lugar do planeta que nonse esqueceu do tolo Bicman que enchía as tardes da TVG. Ata sempre.