
¿Que facer se queres falar e non existen palabras? Suspiras? Calas? Sorrís? Inventas? Berras?
A linguaxe é un sistema de comunicación moi incompleto e impreciso. Cada palabra ou sintagma intenta expresar un concepto, mais... ¿cantas veces non existen verbas para describir un sentimento, un acto ou unha idea? Ou ¿cantas veces si existen, pero quédanse a medias?
Miradas, xestos, sons... todo complementa ás palabras, mias non sempre son suficientes.
En ocasións o mellor é a telepatía, un medio que non entende de letras mais si de verdadeira comunicación.
2 comentarios
trasninha -
encántanme...as de complicidade, nas que todo o demáis sobre!
Aninha -