Blogia
Terra de ninguén

¿Como que odias ao SOL?

¿Como que odias ao SOL?

O SOL ten un efecto "anti-depre" que está recoñecido pola medicina desde a Antiguedade.

O SOL excita a retina e estimula unha reacción química en cadea que estimula as endorfinas (hormonas da felicidade) e a serotonina, unha sustancia química que o corpo xera cando estás namorado, relaxado e feliz. Ademais relaxa a musculatura e mellora o estado de ánimo.

O SOL ten efectos beneficiosos sobre o humor, estimula a glándula pineal e combate o Trastorno Emotivo Estacional (TEE) asociado á depresión ao aburrimento invernal.

Así que non me digas que "que asco, odio el sol, vamos para la sombra", porque cada día que o SOL sae deberíamos sentirnos afortunados e deixar que nos eleve a nosa felicidade, se se pode elevar máis.

P.D: a que a foto se parece ao que podes ver pola fiestra hoxe? chove, chove, chove... tampouco odio a chuvia. algún día falarei dela.

3 comentarios

extraño -

si o sol encatame,pero de tanto que o tomei quedeime sen as capas que cubren a pel,esas que temos cando somos nenos.
Pois non sei a verdad viñanme ben esas capas para o inverno.
Os meus ollos deven estar algo dañados de tanto sol,pero creo que todo-los raios do sol o mellor son os ollos dunha moza que che deixen cego,deslumbrado,amor a primeira vista.se algun dia vou a un pais tropical ei de vir ven branco,de non sair do hotel,paserei todo o dia ca moza na habitacion.
si os raios son boiiisimos.

Anita -

Eu adoro o Sol! Quero sol!!!! Acho q vou para o Sol!!! Estou um bocado farta de tanta chuva! hehehe.
E... q tal estás?? Te tocan los bajos??? Assim, sem mais. hahaha

cocos -

stoy cieguisimo jeejejejejejejejejejjeejjejejejeje