E mil cousas máis

É unha pena que só poidamos capturar imaxes cunha cámara ou sons artificiais cunha grabadora.
Gustaríame poder gardar nunha caixiña o olor do mar de Cornwall para comparalo co de Galicia.
Encantaríame ter unha caixiña co son perfecto das cascadas de Golitha, de forma que cada vez que a abrise escoitara o murmullo da auga esvarando polas pedras e as follas das árbores moverse polo aire que sube delas.
Gustaríame conservar o sabor dun xeado de Honeycomb e notar cómo se derrete nos meus beizos.
Poder volver sentir as caricias de Lisa na miña cara dicindo "we make a good team" ou a suavidade do fuciño de Jack ou de Peter, xunto con esos ollos de profunda tristeza.
...
Que me avisen cando inventen tal artefacto...
3 comentarios
taninha -
Anita -
aultre narai -
un saudíño, cabra!