Buscando o norte na miña vida
Dende que somos pequenos fomos guiados como ovellas nun rebaño, de etapa en etapa soubemos o que faríamos despois e sempre soñábamos con descarriarnos ó rematar. Sabíamos que despois dos duros anos de parvulitos comezarías primaria, que ó rematar 2º marchabas para Vedra, emigrando por momentos a terras hostiles, que despois comezarías aquelo que chamaban ESO (cantas gracias sin gracia a costa dese nome) e cando acababa o que chamaban obrigatorio comezaba o bacharelato coa súa consecuente selectividade (a selección ficticia). E entón, rematabas esa etapa e tiñas que escoller, coller a túa brúxula, coller o libro de instrucións para entendela, dar voltas con ela e despois de tempo dicir "por aquí. E outros cinco anos coa vida solucionada, ata que por fin o fin ansiado chegou ó seu comezo. E agora que? "Todos pasamos polo mesmo", seica. Pero "mal de muchos, consuelo de tontos", non?
E agora que? Comezaba unha nova etapa con varios intentos frustrados de orientación. Frustración, esa era a palabra, por non saber cara onde tirar, por non saber qué facer, por poder ferir sentimentos, por poder decepcionarte a ti mesma, por non encontrar o teu norte.
Pois agora non sei se é o norte ou se collín cara o sur, pero collín carrerilla e alá vou. Aínda que a miña brúxula marcará sempre cara onde sei eu, cara os meus.
Así que xa sabedes, se alguén ten ganas de visitar Bristol (Reino Unido), alí terá un sitiño xunto a min, sen ter que aprender nada... ;)
3 comentarios
trasninha -
encantaríame ter unha brúxula desas...eu é que a miña perdina cando acabei a carreira..e non acabo de atopalo norte, nin o sur...nin nada!!!
Charles -
anonimo -