Blogia
Terra de ninguén

Volando voy, volando vengoooo

Volando voy, volando vengoooo

Mañá espérame un día bastante movido e nunca mellor dito. Vou utilizar miles de medios de transporte e escoitar horas e horas de música, pois é o que queda.

Teño que coller un avión a Londres (Stansted), dalí coller un bus que me leve ao centro de Londres (2 horas e media de bus!). Despois teño que chegar ata a estación de tren London Paddington (vía bus/taxi/metro) e alí coller un tren que lle leva 4 horas chegar ata Bodmin por fin ás 10 e pico da noite. Alí virame a buscar unha señora moi amable dun Bed&Breakfast (unha clase de pensión) onde durmirei esa noite. Ó día seguinte: presentarme na residencia Churchtown.

Para os que vos preguntedes qué carallo vou rañar alá, pois dicir que vou facer algo que me gusta durante 3 semanas. Vou practicar o inglés traballando de voluntaria. Trátase dunha residencia de vacacións para xente minusválida onde se organizan excursións, actividades, saídas... fas compañía, axudas a que sexan felices. Así que eu axudo alí ó que me manden e eles a cambio danme un sitio para durmir e comida, ademais dunha pequenísima axuda para os gastos de viaxe. Vai ser pouco tempo, pero máis vale algo que nada, non? Así que os que estades desexando que marche, dicirvos que volvo o día 28, para seguir jodendo un pouco máis por terras galegas.

Se teño oportunidade xa irei informando sobre como me vai por alá.

Namentres non nos vemos ou falemos: a coidarse moito, que eu farei o mesmo.

E aínda que teño moitas ganas de ir e sei que vou a disfrutar ao máximo, que sepades que se vos vai botar de menos...

 

2 comentarios

A ver se aqui vai!!!!!!!!!! -

xiou lucia!! (hello pero con acento trash-Aris) jejejejejeje.

tardoche en contestar pq teño o pc tocadisimo apagaseme solo, e de vez en cando pois encendo e dame pa estar un ratillo. Por aqui todo O.K. tampouco vou a cambiar tanto nunha semana, wno cambiei de curro, volvin a destileria; agora fanseme fodisimos os renganches, imaxinate chea de licor cafe e despois 8 horas embotellando (pa morirse). O finde foi bestial jajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja e a cea desfasadisima (NADA DE PENSAR QUE SON UN POCHOLO DE LA VIDA ¿EH!) Non se me ocurre nada salientable q contarche ¿que tal ti en chicago? ten q ser un agobio co rollo do aniversario do 11s. tes que flipar. Parece que son esquizpfrenico como jesucristo, aqui eu solo, falando con Dios. Ainda non vin a peli pero para cando esteas de volta fijo q xa a vin, vin outra vez baraka, encantaronme os dialogos jejejejejejejejejejeje.

WNO STIVEN REPASANDO TODO O QUE CHE CONTEI E NON TEN NINGUN SENTIDO, pero queda asi, xa llo encontraras ti se te aburres.


P.D. noraboa pola desintoxicación, xa veras o fustrada que te vas sentir ;)

P.D.2 seguireiche rompedo a cabeza desde aqui se o pc mo permite, senon acordate que cha staria rompendo
P.D.3 traeme unha pedra do muro de berlin como recordo turistico.
P.D.4 DESTRUE ESTE MAIL TAN PRONTO O LEAS
P.D.5 ....


Veña Lady Lu, moitos bikos e arrumacos (aunque apesten a tabaco) e un saco de abrazos



El escritor y amigo:

manolo


trasninha -

non sei exactamente cando carallo lerás esto...pero xa se che bota de menos por aquí...o bo é que tou ceando un pouco menos...:Pjejeje
aproveita ben o tempo.
querote.
Bks