Renaceu
Hainos que nacen estrelados e outros con estrela. Meu irmán é un deses últimos. En condicións normais diría hoxe que ten 19 anos, pero depois do que pasou onte Mario ten apenas un día. Onte saíu milagrosamente sin un rasguño dun accidente/espectáculo en Santiago, nun coche sin airbags pero que é un tanque. Pasámolo moi mal, moi moi mal. Caéuseme o mundo cando mo contaron e non me dixeron se estaba ben ou non. Os nervios estiveron a flor de pel día e noite, pero agora xa pasou. Aínda recordo cando eramos pequenos e tivemos o noso primeiro accidente diante da nosa casa no cruce, só me queda o recordo de ter dor no pescozo e comer unha bolsa de gusanitos para que non chorara. Onte ninguén lle deu gusanitos, pero a bicos nolo comemos.
0 comentarios