Terra de ninguén

CADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA

Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e...
3,
2,
1,
adiante!

Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2007.

Resumen

03/09/2007

El mundo no paraaaaaaa

20070903141632-ilusinchica-o-vieja.jpgO outro día fun co reparto adentrándome no día a día das persoas, pitando e facendo que se cagaran en min. E observei que as vellas xa non son o que eran. Xa non vin vellas con gorras de piensos Biona, negro omnipresente ou combinados de estampados horrorosos. Non, o que vin foi sorprendente: unha vella con Converse e outra cunha camiseta dunha curta (na que participara, "Os juevos!")... O mundo non para, xa o dicía un sabio. A ver canto tardamos en velas con vaqueros pitillos e cinturóns de tachuelas... ;)
03/09/2007 14:16 Autor: mosaa. *. Hay 1 comentario.

07/09/2007

Só un dato...

Onte unha rapaza que coñezo foi facer unha entrevista ó Corte Inglés para ver se a collían no Nadal para EMPAQUETAR REGALOS. Despois de ter que escribir nun papel o seu peso, idade, altura e tendencia sexual e ter que dicilo en algo ante os demais da entrevista colectiva, descartárona inmediatamente porque a súa relación peso-altura non era a adecuada. Seica se mides 1,57 non podes pesar 57 kg e traballar no Corte Inglés, non, tes que pesar 53...

En fin, Serafín...

07/09/2007 15:38 Autor: mosaa. *. Hay 1 comentario.

13/09/2007

Simplemente.....

20070913094526-velero-20nocturno.jpg

Gracias a todxs e ata moi moi pronto... Botareivos de menos!

...........................................................................................

13/09/2007 09:45 Autor: mosaa. *. Hay 5 comentarios.

20/09/2007

Novas

20070920105054-20070611001304-bw2.jpg

Bueno, para todos aqueles cos que non teña contacto directo e que se interesen por min, decirlles que xa podo respirar... Xa podo descansar a cabeza por un pouquiño, algo que necesitaba urxentemente... Por fin, despois de varios días, podo durmir nunha cama (dura como unha tabla) no que será a miña habitación por uns meses. Será unha nova experiencia, porque vou vivir cunha familia, moi bohemia ela, no "fallado". Igual non se pode convertir no albergue que me gustaría, pero quen sabe... Polo de agora, parece que as cousas empezan a rodar.

En canto ás clases... Empezo o dia un, pero seica vou dar en primeiro e cuarto... Mimidriña! A ver que sae de aí! jejejeje.

Cando esté máis asentada retomarei a dinámica deste espazo, seguirei labrando a Terra de Ninguén.

A coidarse!

 

20/09/2007 10:50 Autor: mosaa. *. Hay 2 comentarios.

24/09/2007

Soñando

20070924123703-spc-sky-bw.jpg

Moita xente di que os soños son a nosa vida paralela ou reminiscencias dunha vida que xa vivimos. A min é un mundo que me fascina e que se escapa (polo de agora) a toda forma de estudio... O subconsciente é a zona máis descoñecida dos seres humáns. Eu sempre quedo asombrada do reais que poden chegar a ser. Téñome visto no medio de soños nos que sinto caricias, apertas, bicos, excitación, patadas, caídas, arañazos... E despertar e pensar "como iso puido ser un soño?".

E moitas veces pensas que a túa mente é capaz de controlar ese mundo, mais non é así... Cantas veces me teño despertado dun soño que me está a gustar moito e cerro os ollos e intento enlazar e seguir soñando con aquelo... Mais non pode ser, todo toma un xiro diferente, se non cambia radicalmente... Oxalá puidese controlalos e soñar tódalas noites co que quero...

Gustaríame que se deixase de invertir cartos en chorradas e se investigase este terreo, pero por outra parte penso "mellor non, as cousas con misterio tamén están ben".

Que tengais dulces sueños...

24/09/2007 12:37 Autor: mosaa. *. Hay 3 comentarios.




Archivos

Enlaces

 

 
Septiembre 2007 | Terra de ninguén
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]