Terra de ninguén

CADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA

Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e...
3,
2,
1,
adiante!

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2007.

Resumen

01/10/2007

Outono...

20071001171537-sm-bw110106.jpg

Una sola puerta de tres, abierta. Una sola puerta. En frente, la montaña. Pasa la nube inmensa; toda suya... todo suyo. Huracanes de vientos; lluvia andante semiparalela y en todo el monte funerales alegres, naturales, de hojas muertas. Los cabellos terráqueos danzan todos iguales al son de trompetas invisibles que vienen de los mares.

Llegó el otoño; llegó la muerte...
¡Mas no para todos! Hoy morirán hojas y animales. Mas no morirán para siempre y, en su transformación de mañana darán con más calor a la tierra, de su muerte, pasado mañana, brotes de espeanza.

Y yo no he muerto. Me alegro de la lluvia y me alegro del viento. Si tengo frío, me caliento; si tengo miedo, ¡Que no lo tengo!, susurro y pienso... y para mañana ya me he comido mi pequeña ración de esperanza.

Una sola puerta de tres, abierta.
Una sola puerta inmensa.

("Tres puertas", de EXTRECHINATO Y TÚ).

Encántame esta descripción do outono, é moi visual, moi real. Mais o que máis me gusta é o de "y yo no he muerto". Non me gusta volverme gris en días grises, oscura en días de pouca luz ou seca en días mollados, aínda que ás veces me pase.

Que o tempo non condicione a túa forma de ser ou vivir. Disfruta da chuvia, de como cada gota esvara polo cristal ou pola túa cara ou polo seu corpo. Disfruta de cada pequeno imprevisto que este tempo cambiante, primavera oscura, che pon por diante, igual que disfrutas con cada raio de sol que parece iluminarche e facerche a vida máis fácil en días de inverno nos que o ceo está impecablemente limpo. O caso é disfrutar e non virse abaixo con nimieces. Non marxines a cor gris, ten o dereito a ser amada como tódalas demais.

01/10/2007 17:15 Autor: mosaa. *. Hay 1 comentario.

03/10/2007

Vida no imposible

20071003133151-yellow-flower-near-capitol-reef-2-large.jpg

A adolescencia polo xeral caracterízase por un sentimento de incomprensión, de repulsión contra a autoridade, de querer facer o que aun lle veña en gana sen límites. Os pais sempre foron un sinónimo de represión. Pero despois vas medrando e daste conta de que só era unha época. Pode que non sigas a cadrar con eles, pero xa o ves doutra forma, ou inténtalo, polo menos. Mais hai casos que non son así. Hai casos nos que os pais son máis adolescentes que os propios fillos. Non razoan, queren facer o que lles veña en gana coa vida dos seus fillos, porque creen que se trata dunha posesión, dun obxecto. Ás veces pensan que o fan polo noso ben, mais están moi equivocados. A represión o único que suscita é odio, tristeza... toda clase de malos sentimentos e sensacións. E segues medrando e segues a ver que segues a ser unha posesión, unha pertenza, un "fas o que eu digo porque eres meu fillo". E disfrutan se se agachan as orellas. Pero o que non saben é ata que punto lle están a joder a vida a unha persoa, nos seus mellores anos, nese tempo no que un ten que disfrutar da vida ao máximo.

Si, é moi fácil falar desde fóra, cada un ten o seu. Pero eu só quero que te ergas con forza, que non te deixes dominar, manipular, que segas en pé de guerra e loites pola túa vida. Quero que renaza a vida nese terreo árido. Que sorrías cada día porque hai xente que te quere, porque es unha persoa sá e porque algún día, cando poñas tódolos medios por diante, poderás ser LIBRE.

Aínda que esté lonxe e ti te vexas soa, sigo para o que queiras. E aínda que non sintas as miñas apertas, que sepas que cada segundo che estou a mandar unha, cun saco de forzas.

Un bicazo!

03/10/2007 13:31 Autor: mosaa. *. Hay 1 comentario.

11/10/2007

Comentarios

Onte fun a unha mesa redonda sobre a violencia en Latinoamerica. A verdade e que tras escoitar tantas anecdotas e tantos sucesos, paraste a pensar que non fai falla que un pais esté en guerra para que a xente sinta o medo no corpo cada vez que sae a rua... O medo e unha arma moi poderosa, algo que pode facer calar e non sublevarse mellor que calquer bomba. Moitas veces pénsase que unha boa educacion desde a base pode ser a solucion para erradicar o problema da violencia, mais despois daste de conta que na maioria dos casos a xente encargada de tomar as decisions son mais ignorantes que calquer analfabeto...

Tamen me gustaria comentar que estes dias estou quedando bastante sorprendida. Nun debate que organicei nas miñas clases sobre a liberdade de expresion, onde comentei o da portada do Jueves, preguntei que opinaban eles sobre a familia real britanica, e contra todo o meu prognostico case o 99% de todolos meus alumnos pensaban que estaba ben, que facian moito polo pais, como atraer o turismo. Quedei pampa. So duas rapazas me dixeron que por elas non existirian e que venderian todalas suas posesions ostentosas para empregar eses cartos en cuestions mais importantes que o cambio da garda real.

Por ultimo decir que hoxe me chamaron "señorita" e deume a risa. Non o podo evitar. Jajajajajaja.

 

11/10/2007 11:11 Autor: mosaa. *. Hay 2 comentarios.

17/10/2007

Ata os mesmísimos

HUEVOS.

Só dicir eso, que estou cansada dos putos móviles. Invádeme un cabreo profundo contra eles. Hoxe de novo, cun móvil dun mes, non me funciona a tecla 2. Odio non poder escribir un sms coa "a" "b" "c" "2", é un quebradero de cabeza (ainda que a xente diga que está ben para buscar sinónimos).

Vanse acordar de min.

 

17/10/2007 14:23 Autor: mosaa. *. Hay 2 comentarios.

22/10/2007

Cochadas

O outro día entereime de que en Escocia, nalgúns lugares de comida rápida venden unha gran cochada: barras da chocolatina Mars rebozadas en ovo e fariña e fritas. Mars rebozados... Qué chungo! Imaxinádesvos KitKat ó ajillo? Fabada con emanens? Pinchos morunos de carne con gominolas? Ovos fritos con regalices para mollar? Twix con alioli?

Liberdade á imaxinacion... Pero coidado co estómago!

22/10/2007 00:18 Autor: mosaa. *. Hay 3 comentarios.




Archivos

Enlaces

 

 
Octubre 2007 | Terra de ninguén
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]