Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2007. Resumen
03/11/200713![]() Seica é o número da mala sorte, pero alguén sabe por que? Según lin, unha explicación ven pola relixión, como non, fonte de toda superstición... Porque Xudas foi o número 13, é dicir, o que levou a desgracia. Sabes que nos avións non hai fila 13? Ou que en Madrid non hai liña de bus número 13? Ou que os hoteis suelen reservar esa planta para o servicio e non para os clientes. Que non se expediu en España un DNI número trece. En moitas calles non se pon o número trece, senón o 12B... Parvadas todo. 13,12,11,10,9,8,7,6,5,4,3,2,1 e respirar. Parece que toda a nosa vida se basa en contas atrás. Din "carpe diem, porque só hai unha vida" e a xente dedícase a ir restando días cara a morte. "Que hora é? As 10 menos 5". Faltan 5 minutos para as 10. 5,4,3,2,1 e xa son as dez. As agullas van correndo cara metas invisibles e infinitas que non paran de moverse. "Xa falta menos para fin de mes" e a esperar a que cheguen cartos. "Tes que entregar esto en 3 días" e a apurar porque o tempo sempre vai cara adiante e non cara atrás. Desta vez conto consciente e conto impaciente. 13,12,11,10,9,8,7,6,5,4,3,2,1 e voar. 09/11/2007![]() "-¿Eres creyente? -preguntó Juan tímidamente-. ¿Crees en algo, en la existencia de algún tipo de dios? -Pues no sabría explicártelo... Déjame pensar. A ver. No reconozco otro templo que un árbol o el mar; otro lugar sagrado que mi cuerpo y otro paraíso que unos brazos fuertes y amables que me acojan. ¿Te vale?"
Lucía Etxeberría, De todo lo visible e invisible. 13/11/2007SER O NO SER...![]() O domingo pola noite, despois de cear, subiu Caroline a miña habitación e dixome "quería avisarte de se queda a durmir un amigo, para que non te extrañes de que alguén use o baño do teu piso". Todo ben ata ai. Onte ó mediodía volvín de traballar e estaba na cociña Jimmy (o marido) co amigo este, o cal me presentou como Ken. "Nice to meet you" (dixen coma sempre) e démonos a man. Despois díxome Jimmy "your jamón was delicious!", referíndose ó bo que estaba o xamón que me trouxeran meus pais do cal lles din un cacho. E o tal Ken este corroborouno, decindo que fora quen o estrenara e que casi o devora. Esa cara facíaseme familiar, pero todo ben ata ai. Hoxe chego a casa e dime Jimmy "mira! salgo na tele!" e ensiname que están botando unha serie de detectives que fixera hai 14 anos para a televisión. Entón conversando conteille que vira "Mucho ruido y pocas nueces" e que o vira de monxe. E sóltame "ah! pois Kenneth estivo onte aquí". FLIPEI. Non o recoñecera. O mismísimo Kenneth Branagh comeu do meu xamón e deume a man e eu sen enterarme de que era el. Os anos pasan pola xente... Cuando tal vas a comer a casa e ala, atopaste cunha estrella internacional sen sabelo... Para quen noN o coñezades é o protagonista (e director) de pelis como Hamlet, Frankestein (el era Dr. Frankestein, Al Pacino era o monstruo), Mucho ruido y pocas nueces, etc. 19/11/2007Non sabía por onde empezar... Así que decidín non facelo. Eu nunca me retiro. Podería encher a pantalla e quedarme corta. Perderme en laberintos de palabras. Contar sen dicir... pero esta todo dito. Archivado baixo a etiqueta de "historia inesquecible". 21/11/2007So algo para reflexionar ¿Que necesidade hai de facer sufrir as nenas recén nacidas poñéndolles pendientes? Se os queren, que os pidan. |
Archivos
Enlaces
|