Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2007. Resumen
06/06/2007"Me cuelgo de su pelo, me engancho de su miel, 07/06/2007Historias para non durmirÉrase unha vez un lobo solitario que habitaba no cumio dun monte de renome, onde raíñas, bois e apóstolos xogaban a ser lenda. E alí, as noites de lúa chea ouveáballe en sonata, imprimindo en cada nota do seu monólogo a tristeza de selo único supervivente, maldicindo en cada laio a esa especie depredadora, malchamada racional, que rematara cos seus conxéneres. Lonxe pero preto de alí, nun pequeno país que se atopaba ao pé de tal montaña, un campesiño vivía feliz na súa granxa, cos seus dóciles seis burros, aos que aloumiñaba a cada segundo e ós que estimaba profundamente, non só por seren os últimos coñecidos no país, senón pola súa complicidade e lealdade. Unha noite de vento e lúa chea, escoitou aqueles lamentos, que apesares de estaren nun idioma incomprensible, entendía á perfección. A linguaxe dos sentimentos é universal. E dende aquela, noite tras noite, non podía durmir, non polo ruído dos desgarradores ouvidos, senón polo forte que se ancoraban na súa alma, polo contaxiosos que se volvía, por imaxinar o que debe de ser quedar completamente só nun mundo que xa non é para ti. Un día, observando a Venus dende a herbeira dun río, con ese animal como música de fondo, banda sonora que apenaba a alma, viu pasar unha estrela fugaz. E, inconscientemente, pediu un desexo. Dende ese momento os seus mimados amigos vagarían en manada pola comarca, facendo compañía a aquel lobo solitario, acabando coa súa melancolía, pasando de ser presas a cazadores, mais sempre fieis ao seu antigo dono e compañeiro. Mais o pobre campesiño, que fixera aquelo co corazón, por rematar coa especie dos burros foi crucificado de por vida........... (FINAL LIBRE, LIBERDADE Á IMAXINACIÓN). 18/06/2007Angustia![]() Imaxina por un momento que alguén co que levas vivindo toda a vida, co que compartiches experiencias de toda a vida, un amigo de sempre, túa nai, túa avoa, teu irmán, calquera, xa non te recorda. Imaxina que para el/ela es un descoñecido, que a súa memoria se formateou e agora ten que reiniciar vivindo unha vida que non recorda e que parece ser allea. Sempre se fala de que non é bo vivir só de recordos, mais o que debe de ser horrible é quedar a cero neles. Xa non para ti mesmo, senón para todas aquelas persoas ás que olvidas e se sinten impotentes xunto a ti. Isto foi o que lle pasou á irmá dunha amiga, da noite para a mañá o seu cerebro bloqueou tódolos recordos relacionados coas persoas (probablemente polo estrés, según os médicos, mirade ata que punto esta vida de deberes e autobligacións pode ser perxudicial), olvidando absolutamente a tódalas persoas que coñecía. Onte entereime da fatídica morte dunha rapaza que coñecía, veciña de toda a vida. Non tiña trato con ela, mais foi destas cousas que te deixan helada e te fan pensar, porque che toca un pouco cerca. Tan xove, nun coche, camiño do traballo, bum e acabouse. Filla única. Amiga dos seus. Tantas cousas que se me pasan pola cabeza... Moitas veces éntrame a angustia de saber que o destino (chámalle x) pode xogar moi malas pasadas. Que calquer día pode pasar calquera das dúas cousas de máis preto. E entón dígome "para" e paro, cerro esa ventana e abro outra, outra que me desvíe deses pensamentos. Aínda que queira fuxir, sei que sempre pode pasar, mais o que me asusta non é que me pase a min, senón a alguén ao que quero... Toquemos madeira, por dicir algo... 27/06/2007Un soño menos que cumprir![]() Non dabamos chegado, a viaxe era interminable, as ganas de pisar terra freaban o tempo con cada ola. Xa estamos preto. Uffff. Turquesa, branco, azul marino, verde, marrón... Unha festa de cores, pracer para a vista. Quedo pampa mirando. "Veña, que tes oito horas por diante". Ando e ando, árbores e prantas de todo tipo, lagartixas e dragóns de comodo a cada paso, pero sobre todo: gaivotas. Mais non desa praga de ratas que hai nas cidades, non, son das pijas, limpiñas, plumaxe brillante, sás... Ando e ando. Sento. "Veña, ó Alto do Príncipe, seguro que hai boas vistas". E tanto, vaia lugar... Unhas rochas con formas extrañas fan de cadeira de deseño para poder divisa-lo horizonte azul: azul mar, azul ceo... Silencio. Só se escoitan piar ós paxaros. Sensación de liberdade e infinito. Baixo e como na praia. Pés descalzos. Cereixas. Ir e vir da auga nas miñas pernas. "Veña, á outra illa" e ando máis. Faros. Areal. Máis cores e diversidade. "Quero bañarme... pero non teño toalla". Todo da igual, para dentro. Fría, mais as ganas fan que torne en quente. Van ser horas. Un xeado e para o barco. Tantas miradas furtivas dende autobuses, tanta hipnose dende altos, tantos atardeceres sendo anfitrionas dun sol vermello, tantas ganas e desexos de coñecervos... E por fin, onte, despois de cinco anos véndovos dende o outro lado puiden cruza-lo mar e achegarme a vós. Deixástesme descubri-los vosos segredos, agarimar a vosa pel e abraiarme cos vosos encantos. Espero voltar pronto, Illas Cíes, namentres seguirei a ollarvos de cando en cando dende aquí. 28/06/2007Anda! Lucía!Eeeeeeeeeeeeee so queda un día para irnos a Andalucía, tiramos para o sur sen que nos pese a cabeza, eh, Barómetrowoman, jajajajaja. Que ganiñas dunha viaxe así, 7 días polo sur, aínda que chuparemos calor a lo loco... Xa non me queda nada para asimilar que xa entrou o verán e non o digo polo tempo (metereolóxico), jejeje. Nos vemos en los bares..... ou polo monte adiante! ;)
|
Archivos
Enlaces
|