Terra de ninguén

CADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA

Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e...
3,
2,
1,
adiante!

Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2007.

Resumen

13/08/2007

Máxico

20070813111929-lluvia-de-estrellas.jpg

Que fácil é pasar unha noite especial cos lujos dun hotel de billóns de estrellas sen ter que gastar un peso.

Requisitos:

-Non ser un tiquismiquis.

-Atopar a alguén especial co que ir. Pódese ir a soas, está claro, non hai recepcionistas que te miren mal, pero aseguro que o disfrutas moitísimo máis en boa compañía.

-Sustituir o colchón de 2 metros por unha manta de espacio reducido e as sábanas de seda por un saco de durmir.

-Concentrarse en espantar minimorcegos.

-Non deixarse acojonar polo orballo xeado da noite.

E xa está. Así de fácil é seguir voando, esta vez entre Perseidas ou estrelas mortas ou cohetes ou bolboretas incendiadas que saían de nós. E chorei con San Lorenzo e desfrutamos do espectáculo perdéndonos en palabras no infinito que nunca é capaz de abarcarnos. Cada vez que mire o ceo, terei ese recordo presente. Mesmo se non acado a ver esa pancarta na lúa.

........

 

P.D.: Por certo, onte dei o pego como científica, pero estaba equivocada, eran meteoritos, como ti dicías: http://es.wikipedia.org/wiki/Perseidas

13/08/2007 11:19 Autor: mosaa. *. Hay 3 comentarios.

24/08/2007

20070824114549-dancer-blur-one-bw.jpg

Tarde. Manowar! Rapaces de 16.  De onde? De Bodum. Calderillas. Ticket? Non gracias. Lévame onde vías as postas. Mira, as Cíes. Cuvi. Papeleo. Banco. Non hai Caixa Galicia? Está pechado. Carretera provincial. Uff. Castro. Banco de pedra. Mar de cores. Beicon con queixo. Non hai pan. Doctor deseo. Abrázame. Centro comercial. Los micrófonos. Lady Lu. Por venir a Madrid. Non te asustes. Cabo Udra. Cometa. Cabalos. Gaivotas. Ratas. Pedras colgantes. Pedras estatua. Pedra sofá. Mar. Infinito. Pés descalzos. Máis bicos. Máis apertas. Máis conversas. Peixes conquistadores. Máis palabras. Sol baixando. Claroscuros no mar. Illa de area. Imos. Pontevedra. Skala. Coloretes. Policía informador al turista. Vista alegre. Digo Puerta del Camino. Virgen del Camino. 70? Vale. Paseo. Calamares/Kebap. María. Menú infantil! Calamares. Volta. Saltos. Tocando o teito. Cansancio. Flotar. Simbiose. Durmir. Espertar. Soñar esperta. Flotar de novo. Máis palabras. Casa na montaña. Labrador. Lareira e porche. Imos. Paseo. Palmeira de chocolate. Xubilados e netos. Sol. Imos. . Rock de chulería. Combarro. Hórreos. Gaitas. Non pasar. Pasamos. Olor a mar en ráfagas de vento. Paseo. Area. Prato combinado. Imos............ "Si, estivo moi ben".

------------------------------------------------------------------------------------------

 

(Los consejos son una forma de nostalgia. Dar consejos es una forma de sacar el pasado del cubo de la basura, limpiarlo, ocultar las partes feas y reciclarlo, dándole más valor del que tiene: http://www.dailymotion.com/video/x1makd_usa-protector-solar UN VÍDEO MOI CHULO)

24/08/2007 11:45 Autor: mosaa. *. Hay 1 comentario.

30/08/2007

E cando a boca do estómago se me cerre e as lágrimas queiran sair acordareime...

...das cataratas, do seu camiño imposible de aprender, do seu río sen ruído e das súas alimañas.

...da lúa chea, da súa pancarta, do seu hotel, da súa luz.

...das estrelas, dos avións incendiados, do saco de durmir empapado, das que morren e das que son meteoritos.

...da praia fluvial, das súas serpes, da súa espuma, do seu Soco-socorrista, do seu sofá.

...dos paseos, dun cachopo, da queiruga, do paso lento e do paso rápido.

...dos móviles con chisma, das composicións musicais como politono, do pitido para avisar.

...daquela viaxe e as súas infinitas anécdotas.

...das infinitas conversas de temas máis que variados.

...das infinitas paridas, animaladas e idas de olla.

...da miña manta de lúa...

...da primavera, da chuvia esvarando, do sol pegando, da loita interior de levar ou non a chaqueta :D.

...da auga, do cerebro movéndose, das dores de garganta.

...de lendas e pasos atormentadores, cabezais como almofada e reloxos sin pila.

...de "así que fai un ano..." ou "que concentrada vas".

...de Un pingüino en el ascensor, anuncios de espaguettis, Héroes, Lady Lu, Doctor Deseo, La Fuga, Los Piratas, Anthrax, Joaquín Sabina, Ktulu, Sepultura, Julieta Venegas, Extemo, etc etc.

............................................................................

............................................................................

 

30/08/2007 11:49 Autor: mosaa. *. No hay comentarios. Comentar.

Imaxinádeseme de rubia?

Nin de coña, antes morta que rubia! jajajaja. O outro día un amigo de meu pai empezou a facer que cundise o pánico na miña familia ao proclamar que escoitara na radio que seica agora en Inglaterra había fobia contra os latinos, sobre todo os españois. "Uy, e se enteran de que lles estás cobrando cartos do Estado, peor, lucia!". Escoitara que saían grupos de rapaces tódalas noites con bates de beisbol e pedras a liquidar a todo latino que se atopasen polo camiño. A verdade é que no me asustei nada, porque non mo cría. Pero meus pais xa quedaron acojonados. "Así que non saias de noite da casa e tíñete de rubio e ponte minifalda, para parecer da terra". Xaaaaaa, xaaaaaa. "Ti infórmate, xa verás, chámase la caza del latino".

E cheguei e mireino. Trátase de feitos aislados o día 25 de julio de cada ano (día da "patria") en pequenas cidades de Reino Unido, realizado por xóvenes fascistas, que aquí tratariamos de nazis ou skins... Non lle quito importancia ao feito, paréceme algo tercer mundista, pero pido algo de tacto por parte da xente, que se informe antes de meter medo!

O que si me acojona algo son os rapaces pequenos... Despois de ver o do neno ese que morreu sen comelo e sen bebelo e do que vivín eu fai 2 anos... (http://mosaa.blogia.com/2005/051701-surrealista.php)

VEeeeenga, p'alante!

 

30/08/2007 12:13 Autor: mosaa. *. Hay 3 comentarios.




Archivos

Enlaces

 

 
Agosto 2007 | Terra de ninguén
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]