Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2007. Resumen
09/04/2007Ou "En brazos de la fiebre" ...Y por fin he encontrado el caminoque ha de guiar mis pasos y esta noche me espera el amor en tus labios. De cada mirada, por Dios, ardía el recuerdo en mi interior pero ya he desechado por siempre la fruta podrida. En la prisión del deseo estoy y aunque deba cavar en la tierra la tumba que sé que me espera jamás me vio nadie llorar así. Que termine un momento precioso y le suceda la vulgaridad y nadar mar adentro y no poder salir. En la prisión del deseo estoy junto a ti. 10/04/2007Error de lectura de disco, pulse Ctrl Alt Supr para reiniciar...![]() Bendigo as novas tecnoloxías que nos fan a vida mais fácil e maldigo as que nos absorben. Bendigo as novas tecnoloxías que axudan a salvar vidas e maldigo as que as quitan. Bendigo as novas tecnoloxías que nos permiten viaxar en cuestións de minutos e maldigo as que nos convirten en apéndices dunha silla. Bendigo as novas tecnoloxías que nos permiten comunicarnos máis facilmente entre nós e maldigo as que fan que cada vez a comunicación humana sexa menor. Podería seguir así cero entre cero infinito. Esta semana perdín todo o que tiña no meu ordenador: traduccións, glosarios, traballos de investigación, fotos irrecuperables, fotos recuperables, música (a miña música), etc. Toda unha vida de cousas tiña e cun simple parpadeo de cursor sobre pantalla negra desaparece... A tecnoloxía ten as súas vantaxes e desvantaxes, mais o caso tamén é como cada un a empregue. Que ben se conservan esos manuscritos do século XII... Aish... 16/04/2007![]() ¿Que facer se queres falar e non existen palabras? Suspiras? Calas? Sorrís? Inventas? Berras? A linguaxe é un sistema de comunicación moi incompleto e impreciso. Cada palabra ou sintagma intenta expresar un concepto, mais... ¿cantas veces non existen verbas para describir un sentimento, un acto ou unha idea? Ou ¿cantas veces si existen, pero quédanse a medias? Miradas, xestos, sons... todo complementa ás palabras, mias non sempre son suficientes. En ocasións o mellor é a telepatía, un medio que non entende de letras mais si de verdadeira comunicación.
17/04/2007Historias de un zapato![]() Onte ía eu soa no autobús baixando do Cuvi, cando de repente decateime de que no medio e medio dos carriles había un zapato. Non era un zapato calquera. Era un zapato de home, de punta, de pel de serpe. O primeiro que pensei foi "é dun accidente", mais non vin ningún resto de cristais ou pista de que esa fora a solución perfecta. E entón pensei "joder, Lucía, tamén sempre veñen á cabeza as peores ideas" e comecei a pensar as posibilidades polas que ese zapato podería atoparse no medio da Avenida de Madrid. -Se cadra un ricachón, montando unha festa na parte de atrás da súa limusina, nun arrebato apaixoado coa tía en tanga que lle comezaba a quitar a roupa, sacouse o zapato con tanta forza que sen querer saiu despedido pola ventana que estaba aberta para paliar as altas temperaturas que subían no asento traseiro. -Se cadra un raparigo emigrante que vende artigos de imitación, cruzando a rúa a toda présa, deixou atrás un dos seus zapatos hiperbaratos de Camper ou sabe dios qué. -Se cadra un grupo de ladróns que actuara facía unhas horas no Corte Inglés e roubara todo tipo de artigos caros, na súa fuxida nunha gran furgoneta negra comezara a tirar pola ventana todos aqueles artigos que non lles gustaban. -Se cadra uns tíos dunha nave espacial déronse de conta de que tiñan máis peso do permitido e decidiron por votación desfacerse dun deles. O corpo do desafortunado desintegrouse no espazo, mais o zapato, de gran calidade, resistiu toda clase de dificultades e foi aterrar en Vigo. -Se cadra formaba parte dun xogo de rol pola cidade no que o zapato era unha pista do camiño a seguir, debido a súa afilada punta que empregaban como flecha indicadora. Tantas opcións... Algunha outra idea? 23/04/2007Marcha...![]() Canto se aprende con alguén que ve documentais... :P A lúa escapa de nós e non me extraña, acabamos con todo e ela ha de sentir medo. Seica co cambio climático e o derretemendo dos polos está a subir o nivel do mar e os niveis de flujos e reflujos dos océanos fan que aumente a fricción das mareas. Esta fai que a rotación terrestre sexa máis lenta, polo que os días son cada século 0,002 segundos máis longos e estase a variar a posición do eixe da Terra (o "momento angular"). Seguindo unha tal Lei de Conservación do Momento Angular, o momento angular perdido pola Terra gáñao a Lúa, a cal depende totalmente do noso campo gravitatorio. Polo tanto, a lúa afástase de nós lentamente, uns 4 cm por ano. Menos mal que non estarei viva para cando desapareza... P.D.: do 432 a.C. ao 46 a.C. empregábase o calendario lunar. P.D.1: o noso calendario é gregoriano (polo tío que o inventou) e non griego. ;) jejeje 28/04/2007![]() En 22 anos que levo de vida xa tomei decisións mellores ca estas...
Vin o anuncio desta revista e non me puiden resisitir a colgala... En fin. No comments. |
Archivos
Enlaces
|