Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2006. Resumen
02/09/2006Pasando o rato...Sempre odiei estos e-mails en cadena, pero hoxe, non sei por que, apetecíame publicar un. Pos que teñades pouco que facer... -Cando estás mal, onde prefires ir para olvidarte dos teus problemas?: pois gústame sair eu soa a dar un paseo coa música alta, a poder ser de noite e con lúa chea -Cres no amor a primeira vista?: Antes non e ríame del, ata que o sufrín. -Olor q che gusta?: herba recén cortada -Sonido favorito?: auga sobre auga (chuvia sobre un río, unha cascada, o ir e vir das olas...) -Peor sentimiento no mundo?: o odio -Color favorito? o verde é un deles. -Cando terás fillos?: non son meiga polo de agora... cando queira. -Perdonarías unha infidelidade da túa parella?: se mo di el si. -En estos momentos odias a alguien?: si, pero a ninguén en concreto (a parte dos políticos como Bush), senón á xente repugnante que hai polo mundo adiante. -Odiaches algunha vez tanto como para querer matar a alguen? non e espero que nunca -Gardaches secretos algunha vez?: moitirmos -Tiveches un amigo imaxinario cando eras pequena? non -Algunha vez quixeches pegar a un amig@? nunca -Hai alguien que xogue cos teus sentimientos?: si, mais non "amorosos". -En que pensas?: nesta noite, que xa son os Dolores, vai ser unha gorda, pero tamén a despedida en condicións do verán. -Estas falando con alguen? si, estou a manter un dialogo conmigo mesma... -Nestas ultimas 24 horas choraches? non (creo) -Cres en ti mesma?: totalmente -Cres nos teus amigos?: Por suposto, porque son os meus amigos e eu procuro escoller ben. -Gústache alguén?: por gustar, gústanme tódalas persoas ás que quero... :D -Estiveches namorada algunha vez?: creo que esas son palabras maiores, por eso digo que non, gustáronme moito algunhas persoas, pero creo que para estar enamorado ten que ser algo conxunto. eu enténdome. -Lugar onde che gustaría ir de vacacións: calquer sitio do mundo. -Amaches tanto a unha persoa como para chorar?: sí. bágoas sin sentido. -Flor: lilios rosas. Tamén pampirilu, por suposto. -Amor platónico: non gasto deso. -Mellor sentimento do mundo: a felicidade. -Que cambiarías da túa vida?: nada, a miña vida é a que me fixo ser como son e gústame así. -Eres supersticiosa?: non, aínda que teño algo especial co número 28... non é que me de sorte, pero sempre me pasa algo con el... -Que cousas che molestan?: a hipocresía, xente falando ao mesmo tempo, as celestinas, ter os pés fríos, que me mollen as gafas, a avaricia, os resabidos... -Usas paraugas cando chove?: depende do meu estado de ánimo. normalmente non me gusta cargar con él, aínda que se vou a clase lévoo. Mais tamén me encanta mollarme cando vou dando un paseo, que me esvare pola cara e me pingue o pelo... 04/09/2006Volando voy, volando vengoooo![]() Mañá espérame un día bastante movido e nunca mellor dito. Vou utilizar miles de medios de transporte e escoitar horas e horas de música, pois é o que queda. Teño que coller un avión a Londres (Stansted), dalí coller un bus que me leve ao centro de Londres (2 horas e media de bus!). Despois teño que chegar ata a estación de tren London Paddington (vía bus/taxi/metro) e alí coller un tren que lle leva 4 horas chegar ata Bodmin por fin ás 10 e pico da noite. Alí virame a buscar unha señora moi amable dun Bed&Breakfast (unha clase de pensión) onde durmirei esa noite. Ó día seguinte: presentarme na residencia Churchtown. Para os que vos preguntedes qué carallo vou rañar alá, pois dicir que vou facer algo que me gusta durante 3 semanas. Vou practicar o inglés traballando de voluntaria. Trátase dunha residencia de vacacións para xente minusválida onde se organizan excursións, actividades, saídas... fas compañía, axudas a que sexan felices. Así que eu axudo alí ó que me manden e eles a cambio danme un sitio para durmir e comida, ademais dunha pequenísima axuda para os gastos de viaxe. Vai ser pouco tempo, pero máis vale algo que nada, non? Así que os que estades desexando que marche, dicirvos que volvo o día 28, para seguir jodendo un pouco máis por terras galegas. Se teño oportunidade xa irei informando sobre como me vai por alá. Namentres non nos vemos ou falemos: a coidarse moito, que eu farei o mesmo. E aínda que teño moitas ganas de ir e sei que vou a disfrutar ao máximo, que sepades que se vos vai botar de menos...
|
Archivos
Enlaces
|