Terra de ninguén

CADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA

Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e...
3,
2,
1,
adiante!

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2006.

Resumen

04/10/2006

De vuelta... y vuelta...

Xa estou aquí de novo, tras un mes de ausencia por esta pequena terra, miña e de ninguén ao mesmo tempo...

"Que tal?!" preguntarédesme. E eu o primeiro que digo é "Xenial. Deume moita pena volver". E aí queda iso. Son incapaz de facer un breve resumo do que vivín, do que experimentei e do que sentín nesas 3 semanas. Podería votar horas e horas falando de anécdotas, de conversas, de sentimentos, de plans... Algunhas xa tivéstela oportunidade de ir sacándome información, outr@s aínda non. Mais non me gusta facerme pesada, así que se alguén quere saber que pregunte.

Moitos dos posts que publique a continuación serán cousas que escribín no meu pouco tempo, ou simples anotacións e observacións. Esos 20 días influiron moito en min, afianzaron cousas que xa cría e abríronme os ollos en outras.

Sen máis volvo a resucitar este espazo...

04/10/2006 17:22 Autor: mosaa. *. Hay 8 comentarios.

13/10/2006

Sentindo...

20061013222059-51039-raised-hands.jpg

"Con los pies en el suelo y las manos levantadas.

Observarse adentro desde fuera

y mirar afuera desde dentro.

Conectarse para actuar y...

desconectarse para soñar.

Al conjunto de estos actos se le llama estado Ingravitto".

 

En días de sol como hoxe, nos que a felicidade corre polas miñas veas gustaríame facer como en Melissa P., enfundarme os cascos coa miña música, cerrar os ollos e deixarme levar en medio da rúa, levantando os brazos, movéndome ao son de cada nota e intentando sentir cada partícula de luz e aire coa punta dos meus dedos, aislándome do exterior e voar sen ás.

13/10/2006 21:50 Autor: mosaa. *. Hay 2 comentarios.

15/10/2006

20061015201134-copertina.jpg

 

 

"¿Por qué han de ser escondidos los secretos y los sueños?"

Se non o fixéramos, sempre poderíamos saber respostas a moitas preguntas. As persoas somos realmente complicadas. Un "si" pode ser un "non" e un "non" un "si". Unha mirada de odio pode esconder un "quérote" e un bico pode mollarte con desprezo oculto...

¿Onde están os nosos libros de instrucións?

 

 

15/10/2006 20:11 Autor: mosaa. *. Hay 4 comentarios.

18/10/2006

A música...

20061018181453-exposition7.jpg

...é arte.

...é unha forma de vida.

...é unha droga.

...é unha terapia.

...lévate de viaxe gratis.

...é soñar.

...é un alivio... e un tormento ás veces.

...é unha lingua internacional.

...é diversidade.

...seca bágoas... e axuda a chorar.

...fala contigo.

...enche os teus silencios.

...axuda a recordar... e a olvidar.

...pode pasar desapercibida e deixar huella ao mesmo tempo.

...

...É VIDA.

Cal é a túa banda sonora vital? A miña fórmana miles e miles de cancións diferentes. Momentos asociados a cancións e cancións asociadas a momentos. Recordos... Feitos... Soños...

18/10/2006 17:57 Autor: mosaa. *. Hay 6 comentarios.




Archivos

Enlaces

 

 
Octubre 2006 | Terra de ninguén
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]