Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2006. Resumen
04/11/2006Onte foi un día raro![]() Despois de coller un tren eu soa no que a temperatura marcaba -06º (o cal podía ser facilmente crible porque estaba tiritando de frío, pois levaban o aire acondicionado baixísimo) cheguei a Compostela. Alí na estación... Un rapaciño duns 17 anos saía do meu vagón facendo coñas con dous amigos e levaba unha bolsa azul cunha caixa de zapatos dentro. Á saída do tren había uns 7 policiais nacionais e chamárono para que lles ensinase o que levaba (debera haber un chivatazo). O rapaz ó ver que se lle acercaban á bolsa tirouna dentro da estación e intentou empezar a correr. E ao máis estilo peliculero dous policías tiráronse (literalmente) enriba del, empezaron a berrar, un agarrándolle as pernas e un brazo e o outro agarrándolle o cuello contra o chan, facéndolle comer a merda dos zapatos que arrastrabamos. A verdade é que quedei alucinando por un rato. Unha caixa enteira de zapatos. Menor de idade. A lo "Cops". Violencia... Deume pena o rapaz, non porque o pillaran (que se joda), senón por meterse nesa merda. Chego a casa, saúdos, traballo un rato e... mariscada. Sí, algo raro tamén, non se vai de mariscada tódolos días. Cea cojonuda. Decidimos ir á Estrada un ratiño a ver no Soho aos de Knell. Vemos aparcar a uns metros catro furgonetas da Guardia Civil. Non lle damos importancia, aínda que nos chocou. Non relacionamos. "No Soho nunca pasa nada", pensei. Entramos e estaban a soar as primeiras notas. Saúdos. E entra un guardia. Ponse no centro do escenario e comeza a gritar "Este concierto se ha acabado, enciendan las luces!!". Luces que nos cegan. Linternas. Verde por 10. "Todos contra la pared!! Preparen los carnets". Mirámonos flipando. Reminiscencias de outras épocas, épocas de represión. Vergoña allea. Puto noxo e rabia. "Identifíquense!!!" Rexistros minuciosos. Abren tódolos bolsillos de todo o que leves enriba. Tódolos ocos posibles. Toqueteo. "Te registraron? Pues fuera!!" "Despejen la salida". Fóra chovía. Non podíamos entrar. Pasaran 20 minutos cando sairon e rompemos en aplausos irónicos a tal espectáculo "Que toquen los verdes!!". Vaia maneira de joder un concerto. Por que se deixan levar polas pintas? Se fosen a facer rexistros deses a un pub de pijos ou a un pachanguero tamén encontrarían merda, se cadra máis aínda que non aparenten... Non digo que alí non houbera nada, pero digo que sempre lle toca aos mismos. Total, que non encontraron o que querían, salvo joderlle a noite aos do local e non permitirlle máis concertos. Aínda non sei moi ben o que pasou nin por que, mais sei o que veu á miña cabeza. Este é un mundo de tolos. 06/11/2006![]() Non me gustaría acabar tan aferrada a unha persoa que por moito dano que me fixese eu a seguise querendo. Non me gustaría acabar tan namorada dalguén que bote abaixo tódolos meus plans e creencias e os sustitúa polos seus sen eu darme de conta. Ás veces hai que intentar ser fríos e manter a cabeza a unha distancia apropiada do corazón, porque senón á larga sempre saes perdendo. 09/11/2006E mil cousas máis![]() É unha pena que só poidamos capturar imaxes cunha cámara ou sons artificiais cunha grabadora. Gustaríame poder gardar nunha caixiña o olor do mar de Cornwall para comparalo co de Galicia. Encantaríame ter unha caixiña co son perfecto das cascadas de Golitha, de forma que cada vez que a abrise escoitara o murmullo da auga esvarando polas pedras e as follas das árbores moverse polo aire que sube delas. Gustaríame conservar o sabor dun xeado de Honeycomb e notar cómo se derrete nos meus beizos. Poder volver sentir as caricias de Lisa na miña cara dicindo "we make a good team" ou a suavidade do fuciño de Jack ou de Peter, xunto con esos ollos de profunda tristeza. ... Que me avisen cando inventen tal artefacto... 18/11/2006¿Como que odias ao SOL?![]() O SOL ten un efecto "anti-depre" que está recoñecido pola medicina desde a Antiguedade. O SOL excita a retina e estimula unha reacción química en cadea que estimula as endorfinas (hormonas da felicidade) e a serotonina, unha sustancia química que o corpo xera cando estás namorado, relaxado e feliz. Ademais relaxa a musculatura e mellora o estado de ánimo. O SOL ten efectos beneficiosos sobre o humor, estimula a glándula pineal e combate o Trastorno Emotivo Estacional (TEE) asociado á depresión ao aburrimento invernal. Así que non me digas que "que asco, odio el sol, vamos para la sombra", porque cada día que o SOL sae deberíamos sentirnos afortunados e deixar que nos eleve a nosa felicidade, se se pode elevar máis. P.D: a que a foto se parece ao que podes ver pola fiestra hoxe? chove, chove, chove... tampouco odio a chuvia. algún día falarei dela. 25/11/2006En Terra de Ninguén![]() Sego en Terra de Ninguén, onde o espacio é infinito e o tempo efímero, onde só se pode entrar de un(ha) en un(ha), aínda que caiban miles e miles. Nela o ceo voa tan baixo que parece que che peina o pelo e o que ves é un soño e o que soñas non o ves. Onde existe un fío musical de cables invisibles e a area faiche cóxegas nos teus pés desnudos (porque en Terra de Ninguén hai que entrar descalzo, para pisar máis forte e deixar huella). Alí non hai quen mande porque non hai que mandar, cada novo cidadán desta terra segue a súa lei. Alí reflexionas, escoitas, sorrís soa, cantas en alto, saltas e amas. Acaparerei Terra de Ninguén ata que me bote o seguinte... Espero que nunca! |
Archivos
Enlaces
|